Aeroporto de Melilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°16′47″N 2°57′23″O / 35.279722222222, -2.9563888888889

Aeroporto de Melilla

IATA: MLN – ICAO: GEML
Sumario
Tipo público
Estatísticas (2022)
Pasaxeiros 447 450
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 34,6%
Operacións 9 772
Aumento operacións Crecente (crecemento) 24,8%
Carga (ton.) 22
Aumento carga Crecente (crecemento) 122,7%
Fonte: AENA[1]

O Aeroporto de Melilla é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 3 quilómetros do centro da cidade de Melilla (España). A súa situación fai deste aeroporto a entrada ao continente africano para turistas e negocios europeos. O aeroporto convértese en internacional o 30 de xullo de 2012 por anuncio da aeroliña Helitt de facer unha ruta con Casablanca (Marrocos).

Historia[editar | editar a fonte]

Un avión ATR 72 de Air Nostrum no aeroporto de Melilla

O aeroporto foi inaugurado en 1969, para substituír definitivamente ao aeroporto de Tauima, poboado situado no antigo Protectorado español en Marrocos.

Comezou a operar nel, Spantax cun De Havilland Canada DHC-6 Twin Otter, e máis tarde, cun De Havilland Canada DHC-7.

En 1980, Spantax foi substituída por Aviaco, filial por aquel entón de Iberia L.A.E., que utilizaría un Fokker F27.

En 1992, entraría Binter Mediterráneo, tamén filial de Iberia, que operaba con CN-235, e que máis tarde substituíu a Aviaco.

En 1995, entrou en servizo PauknAir, que operaba con BAe 146, e que rompeu co monopolio de Iberia nas operacións desde Melilla. Dita aeroliña cesaría as súas operacións en 1998.

Definitivamente, en 2001, Air Nostrum adquiriu Binter Mediterráneo, quedándose así co monopolio das rutas.

O 2004, terminan as obras de ampliación da pista, pasando así de ter 1344 metros, a ter 1428 metros.

A principios de 2009, chegaron rumores de que Air Europa quería operar desde Melilla cun dos seus Embraer 195, rumores que pouco despois confirmaría a propia aeroliña.

O 21 de novembro de 2011 Helitt Líneas Aéreas iniciou operacións coa ruta inaugural Málaga-Melilla; unha semana despois comezou a operar a liña Melilla-Barcelona e o día 2 de decembro, a ruta Melilla-Madrid; que volvía romper co monopolio de Iberia nas operacións desde Melilla.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Air Europa Málaga
Iberia
operado por Air Nostrum
Almería, Granada, Madrid, Málaga, Sevilla
Estacional: Barcelona, Gran Canaria, Palma de Mallorca

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Número de pasaxeiros, operacións e carga desde o ano 2000[2]:

Ano Pasaxeiros Operacións Carga (t)
2000 263.751 8.916 650
2001 229.806 8.707 587
2002 211.966 8.013 546
2003 223.437 9.017 479
2004 245.102 9.098 387
2005 271.589 9.296 323
2006 313.543 10.696 431
2007 339.244 11.146 434
2008 314.643 10.959 386
2009 293.695 9.245 350
2010 292.608 8.935 340
2011 286.701 9.119 265
2012 315.850 9.922 235
2013 289.551 7.893 164
2014 319.603 8.873 136
2015 317.806 8.409 136
2016 330.116 8.535 141
2017 324.366 7.956 134
2018 348.121 8.085 127
2019 434.660 9.768 134
2020 195.636 5.158 32
2021 332.446 7.828 9
2022 447.450 9.772 22
Fonte: Estadísticas de Aena

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  2. Aena Airport Statistics for 2000-2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]