easyJet Switzerland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

easyJet Switzerland
EasyJet logo.svg
IATA
DS
OACI
EZS
Indicativo
TOPSWISS
Fundación18 de maio de 1988 (como TEA Basel)
Inicio das operacións23 de marzo de 1989
Frota25
Destinos41
Páxina web: http://www.easyjet.com/

EasyJet Switzerland SA é unha aeroliña de baixo custo baseada en Meyrin, Suíza que realiza voos operando como unha franquía de EasyJet dende os aeroportos de Xenebra e Basilea-Mulhouse-Friburgo.

A aeroliña fundouse o 18 de maio de 1988 como TEA Basel e iniciou as súas operacións o 23 de marzo de 1989 como parte do grupo TEA de aeroliñas, que realizaba voos chárter a varios destinos europeos. En marzo de 1998 EasyJet fíxose coa participación do 40% da compañía, e comezou os servizos de franquía o 1 de abril de 1999. No ano 2007 a aeroliña pasou a pertencer a investidores privados (51%), tendo easyJet o 49% das accións.

Frota[editar | editar a fonte]

En decembro de 2014 a frota de easyJet Switzerland estaba formada polos seguintes avións:[1]

Frota de easyJet Switzerland
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros
Airbus A319-100 16 156
Airbus A320-200 9 180
Total 25

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Federal Office of Civil Aviation (ed.). "Frota de easyJet Switzerland". Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]