Heliporto de Ceuta
Aparencia
| Heliporto de Ceuta | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ceuta | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Estado de uso
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Operador/a
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||
|
Código IATA
| |||||||||
|
Código ICAO
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
O Heliporto de Ceuta é un heliporto público situado no porto da cidade autónoma española de Ceuta. Inaugurado o 9 de xaneiro de 2014, foi o primeiro heliporto construído e xestionado por Aena.
Actúa como substituto do aeroporto que debería ter a cidade e que non se puido construír por falta de espazo e de acordo con Marrocos.
Instalacións
[editar | editar a fonte]As instalacións que o compoñen son unha plataforma de estacionamento de helicópteros, un edificio terminal de dúas plantas, unha central eléctrica e un edificio para o servizo de salvamento e extinción de incendios.
Destinos
[editar | editar a fonte]Actualmente existen rutas que conectan co heliporto de Alxeciras e o aeroporto de Málaga-Costa del Sol, onde se pode conectar coas numerosas rutas deste aeroporto.
