Binter Canarias é unha aeroliñaespañola de carácter rexional con base nas Illas Canarias. Pertenceu a Iberia LAE ata 2002, data na que a vendeu a Hesperia Inversiones Aéreas, empresa creada co único propósito de comprar Binter Canarias. En 2003 Binter Canarias S.A.U. foi absorbida por Hesperia Inversiones Aéreas, S.A., que pasou a adoptar o nome de Binter Canarias, S.A.
Opera unha frota de 9 ATR 72 da serie 500 (8 deles en propiedade e un alugado a Cimber Air). Ten a súa sede social no Aeroporto de Gran Canaria, no municipio de Telde, illa de Gran Canaria. Voa a todos aos oito aeroportos canarios, xa sexa en explotación directa ou ben con operacións indirectas con outras compañías aéreas. Antigamente Naysa só realizaba os de baixa densidade, como a La Gomera e El Hierro) con 2 Beechcraft 1900D. Pero, a data de hoxe, Binter foi cedendo cada vez máis liñas a Naysa, que realiza estes voos. Tamén voa á illa de Madeira, á capital Funchal. Con Europa cancelou os seus regulares coas cidades de Bérgamo e París, xa que resultaron proxectos infrutuosos. Con África voa a Marrakech en Marrocos, O Aaiún en Sáhara Occidental e a Nuakchot en Mauritania.