Ryanair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ryanair
737 Ryanair EI-DAC 01.jpg
IATA
FR
OACI
RYR
Indicativo
Ryanair
Fundación 1985
Inicio das operacións 1985
Aeroporto principal Aeroporto de Londres-Stansted
Frota 363
Destinos 192
Eslogan da compañía low-cost airline
Sede Dublin Airport, Fingal, Ireland
Dirixentes Michael O'Leary, Michael Cawley
Páxina web: http://www.ryanair.com

Ryanair, Plc é unha aeroliña con sede social en Irlanda. Foi fundada por Tony Ryan en 1985 con 25 traballadores, sendo a súa primeira ruta Waterford - Londres. É o maior transportista de baixo custo de Europa. Actualmente ten máis 650 rutas. Ao longo dos anos converteuse na aeroliña máis rendible do mundo, grazas á redución de custos. Ryanair caracterizouse por unha rápida e continua expansión, especialmente trala desregulación da industria aérea en Europa en 1997. Operaba unha frota de 74 veteranos Boeing B737, que foron dados de baixa, e asinou contratos para recibir 225 novos Boeing B737-800 ata 2010, ademais de opcións por 193 máis. A data de hoxe, Ryanair conta con 305 Boeing 737-800 «Next Generation» cunha media de idade de 4,9 anos.

Ryanair é unha das empresas europeas máis polémicas, loada e criticada por igual. Os seus simpatizantes destacan os seus baixos prezos, o seu populismo, a administración radical, e a súa fereza para desbancar ás aerolíñas de alto custo tradicionais. Pero os detractores acúsana de incumprir as políticas da UE e facer publicidade enganosa.[1] En 2009 foi demandada pola Dirección Xeral de Consumo de Baleares, por cobrar indebidamente aos pasaxeiros un suplemento por levar a súa equipaxe,[2] medida que Ryanair aplica sistematicamente pero que é ilegal en España.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Dende a súa creación en 1984, Ryanair pasou de ser unha pequena aeroliña que realizaba a curta ruta entre Waterford e Londres a converterse nunha das maiores compañías de transporte de pasaxeiros en Europa. Ryanair ten na actualidade uns 8.500 traballadores, entre os que se contan 1.200 pilotos. Tras a súa saída en bolsa en 1997, os seu ingresos pasaron de 231 millóns de euros en 1998 a 1.843 millóns en 2003 e 3.013 millóns en 2010. Os seus beneficios netos subiron de 48 millóns a 339 no mesmo período.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Ryanair foi fundada en 1985 Christopher Ryan, Liam Lonergan (dono da axencia de viaxes irlandesa Club Travel) e o empresario Tony Ryan (polo cal recibiu o nome), fundador de Guinness Peat Aviation. A aeroliña comezou a operar cun Embraer EMB 110 Bandeirante de 14 asentos, voando entre Waterford e o aeroporto de Gatwick co obxectivo de romper o duopolio dos voos entre Irlanda e Londres, que nese momento estaban operados por British Airways e Aer Lingus.

Embraer EMB 110 Bandeirante da compañía en 1988

En 1986, a compañía incorporou unha segunda ruta, voando entre Dublín e Luton competindo directamente co duopolio de Aer Lingus e British Airways por vez primeira. Baixo a desregulación parcial da Unión Europea, as aeroliñas poderían comezar novos servizos internacionais dentro da Unión, sempre e cando polo menos un dos dous gobernos dese a súa aprobación. O goberno irlandés nesa época rexeitou a súa aprobación co obxectivo de protexer a Aer Lingus, pero o británico, baixo o mando da conservadora Margaret Thatcher, aprobou o servizo. Con dúas rutas e dous avións, a nova aeroliña transportou a 82.000 pasaxeiros nun ano. O número de cliente continuou aumentando, pero a compañía tiña perdas e, cara 1991, necesitaba estruturarse. Michael O'Leary foi o encargado de facer á aeroliña rendible. O'Leary rapidamente decidiu que a chave da rendabibidade eran as tarifas baixas, uns tempos de volta rápidos para os avións, nada de luxos e voos sen clase business, ademais de operar un único modelo de avión.

O'Leary regresou dunha visita a Southwest Airlines convencido de que Ryanair podería realizar grandes incursións no mercado europeo, nese tempo dominado polas aeroliñas nacionais que eran subvencionadas en distintos graos polos seus países. Competiu coas grandes compañías proporcionando un servizo a baixo custe sen luxos. Os voos foron programados cara aeroportos rexionais, que ofrecían menores gastos de operación que os grandes aeroportos internacionais. Cara 1995, tras perseguir constantemente o seu modelo de negocio de baixo custe, Ryanair celebrou o seu 10º aniversario levando a 2,25 millóns de pasaxeiros.

1992–1999[editar | editar a fonte]

En 1992 a desregulación da industria aérea da Unión Europea déulle ás aeroliñas dun país da UE o dereito a operar voos entre dous estados membros e representou unha gran oportunidade para Ryanair. Tras unha exitosa flotación na bolsa de Dublín e na NASDAQ, a aeroliña iniciou servizos cara Estocolmo, o aeroporto de Sandefjord (110 km ao sur de Oslo), o aeroporto de París-Beauvais e Charleroi (preto de Bruxelas)[4]. En 1998, con novo capital, a aeroliña realizou un pedido masivo por 2.000 millóns de dólares de 45 novos Boeing 737–800[5].

Anos 2000[editar | editar a fonte]

B737-200 de Ryanair

A aeroliña lanzou a súa páxina web no ano 2000, sendo as reservas en liña inicialmente unha pequena e pouco importante parte do software da páxina. O incremento da venda de billetes a través de internet axudou ao obxectivo de recortar o prezo dos billetes ao vender directamente e quitar os custes impostos polas axencias de viaxes. Nun ano a páxina chegou a manexar tres cuartos das reservas da aeroliña.

Ryanair estreou unha nova base de operacións no aeroporto de Charleroi no ano 2001. Posteriormente nese mesmo ano, a aeroliña pedíu 155 novos avións 737-800 de Boeing para ser entregados en oito anos, entre 2002 e 2010.[6] Aproximadamente 100 deses avións xa foran entregados cara finais de 2005, aínda que houbo pequenos atrasos nese ano debido a unha folga de maquinistas de Boeing.[7]

En abril de 2003 Ryanair mercou a KLM ao seu competidor en dificultades Buzz.[8]

B737-800 de Ryanair

Durante o ano 2004 Michael O'Leary advertíu que habería un "baño de sangue" durante o inverno, do cal só dúas ou tres aeroliñas de baixo custe sairían, agardando que esas serían Ryanair e EasyJet.[9] Unha perda de 3,3 millóns de euros no segundo cuarto de 2004 foi a primeira perda rexistrada da aeroliña en 15 anos, aínda que a compañía volvería a ter beneficios pouco despois. A ampliación da Unión Europea o 1 de maio de 2004 permitiu a apertura de novas rutas para Ryanair.[10]

A rápida adición de novas rutas e nova bases permitiu o crecemento do número de pasaxeiros e colocou a Ryanair entre as aeroliñas máis grandes en rutas europeas. En agosto de 2005 a aeroliña afirmou ter levado a un 20% máis pasaxeiros dentro de Europa que British Airways.

Edificio de Ryanair.

Frota[editar | editar a fonte]

A frota de Ryanair componse de 303 aeronaves cunha idade media de 4,9 anos.

Frota de Ryanair
Aeronave En servizo Pedidos Opcións Butacas Notas
F C Y+ Y Total
Boeing 737–700 1 - - - - - - 60/149 Nunca configuración totalmente business de 60 prazas como avión para chárters corporativos, principalmente para equipos de fútbol en inverno. No verán, con 149 asentos, úsase de reserva para rutas entre Reino Unido e Irlanda ou para adestramento.
Boeing 737–800 362[11] 105[12] - - - - - 189 A entregas produciranse entre 2014 e 2018, e 75 avións vellos serán retirados.
Boeing 737 MAX 200 - 100 - - - - - 197 Cliente de lanzamento

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ryanair Modificar a ligazón no Wikidata