Air Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air Europa
IATA
UX
OACI
AEA
Indicativo
EUROPA
Fundación1986
Aeroporto principalAeroporto de Madrid-Barajas
Plan de voo frecuenteFlying Blue
AlianzaSkyTeam
Frota43
Destinos44
HoldingGlobalia Corp.
Páxina web: http://www.aireuropa.com
Boeing 737-800

Air Europa é unha aeroliña española con sede social en Llucmajor, nas Illas Baleares.[1] Pertence ao Grupo Globalia (Pepephone, Viajes Halcón, Viajes Ecuador ou Pepecar).

A aeroliña ten voos aos aeroportos galegos da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

En novembro de 2019 Globalia chegou a un acordo con IAG para vender a aeroliña por 1 000 millóns de euros. Agárdase que a operación se peche no ano 2020. Segundo o acordo Air Europa manterá a súa marca.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundouse baixo a razón social Air España S.A. e participada polo tour operador inglés ILG-Air Europe Group (International Leisure Group), tamén propietario da aeroliña inglesa Air Europe en 1984, e por bancos españois. Comezou realizando voos chárter entre España e o Reino Unido en novembro de 1986. Tras a quebra de ILG e de Air Europe en marzo de 1991 a compañía foi adquirida por Juan José Hidalgo, propietario á súa vez de Viajes Halcón e que posteriormente tamén adquiriu a almacenistas Travelplan, máis tarde Touring Club, Iberrail, Travelplannet, a comerciante polo miúdo Viajes Ecuador, Groundforce, os Hoteles Oasis, Pepeworld, o Tour operador de Florida MKTravelplan e recentemente o tour operador Travelider conformando hoxe en día Globalia Corporación Empresarial. Cando se desregularizou o mercado aéreo en España en 1993, a compañía comezou a ofrecer voos regulares.[3]

Despois dunha crise económica da compañía, parte da súa frota foi alugada a Iberia LAE en 1997. Posteriormente houbo intencións de vender a aeroliña á compañía estatal, pero non prosperaron. Fundou varias filiais como Air Europa Express, con voos rexionais, ou Air Europa Canarias, con voos chárter ás illas. As dúas pecharon en 2001.

A compañía utilizou ao largo da súa historia unha frota composta en exclusiva por avións de Boeing, especialmente B737, B757 e B767, aínda que en 2005 anunciou a compra de dez Airbus A350 e o alugueiro de catro A330-200 e un A340-200, tamén de Airbus, para realizar novos voos de longo percorrido.

O 5 de setembro de 2007, Air Europa xuntamente con Copa Airlines e Kenya Airways, anuncian a súa entrada oficial como membros alianza SkyTeam, que conta con membros como Air France, KLM, Alitalia e Aeroméxico entre outros.

O 22 de xaneiro de 2008 anuncia a compra de 8 unidades de Boeing 787-800 Dreamliner, converténdose na primeira aeroliña española en incorporar ese modelo á súa frota.[4]

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En novembro de 2020 a frota de Air Europa estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de Air Europa
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A330-200 8[6] 24 275 299 Serán substituídos por Boeing 787 Dreamliner.[7]
Airbus A330-300 2[6] 34 265 299
388 388
Boeing 737-800 20 12 168 180
Boeing 737 MAX 8 22[7] TBA Entregas adiadas indefinidamente debido aos problemas do modelo[8]
Boeing 787-8 8 22 274 296
Boeing 787-9 5 13 30 303 333[9] Entregas ata 2022.
Substituirán aos Airbus A330.[7][10]
Total 45 35

Histórica[editar | editar a fonte]

Air Europa operou anteriormente os seguintes avións:[11]

Frota histórica de Air Europa
Avión Introducido Retirado Notas
Airbus A340-200 2005 2007
ATR 42 1996 1997
Boeing 737-300 1986 2004
Boeing 737-400 1994 2006
Boeing 737-600 2003 2004
Boeing 757-200 1987 1998
Boeing 767-200 1996 2001
Boeing 767-300ER 2000 2012
British Aerospace ATP 1996 2001
Embraer 195 2008 2017 transferidos a Air Europa Express

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información Corporativa / Globalia Arquivado 09 de decembro de 2010 en Wayback Machine.." Air Europa. Consultado o 17 de decembro de 2010. "Air Europa Líneas Aéreas, S.A.U. ·Centro Empresarial Globalia. Apdo. Correos-132. 07620 Llucmajor - Baleares - España"
  2. Muñoz, Ramón (2019-11-04). "Iberia compra Air Europa por 1.000 millones de euros". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-11-04. 
  3. "Historia". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 02 de febreiro de 2012. 
  4. Air Europa e Boeing anuncian un pedido de oito 787 Dreamliner. Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  5. "Flota". aireuropa.com. Consultado o 25 de novembro 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Airbus orders and deliveries". Airbus. Maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Air Europa firmó en 2015 acuerdos para adquirir 20 aviones Boeing 737-8" [Air Europa signed agreements in 2015 to acquire 20 Boeing 737-8 aircraft]. expansion.com (en castelán). Unidad Editorial Información Económica S.L. 22 de abril de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  8. Press (20 de xaneiro de 2020). "As new Boeing CEO takes over, it's unclear when the 737 Max will fly again". CNET.COM. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  9. 2017, UBM (UK) Ltd. "Air Europa schedules 787-9 Argentina service in March 2018". Routesonline (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  10. "Spain's Air Europa to lease four B787-9s from BOC Aviation". ch-aviation.com. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  11. "Air Europa Fleets". Airfleets.net. Consultado o 7 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]