Pereira, O Pino
| Pereira | |
|---|---|
Igrexa de San Miguel de Pereira | |
| Concello | O Pino[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°53′31″N 8°23′43″O / 42.89187815, -8.39529308 |
| Área | 7,14 km² |
| Poboación | 258 hab. (2019) |
| Densidade | 36,13 hab./km² |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Pereira é unha parroquia do concello do Pino na provincia da Coruña. Ten unha superficie de 7,14 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 258 habitantes (134 mulleres e 124 homes)[2] sete menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Pereira é un fitónimo procede do latín Pirariam, de pirum ("pera") + -ariam (sufixo abudancial), e fai referencia a un lugar cheo de pereiras.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia está atravesada de oeste a leste polo río Brandelos[4], que nace nas pendentes que se dirixen ao aeroporto, na chamada Fonte da Devesa, cerca do lugar de Alvite[5].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A infraestrutura máis importante que se encontra dentro desta parroquia é unha parte substancial do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que comparte coas parroquias de Sabugueira, en Compostela, onde se atopa a torre de control, e de Loureda, en Boqueixón, aínda que esta última cunha mínima parte da pista de aterraxe[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Casa tradicional galega ao paso do Camiño Francés.
- Paisaxe da aldea de Vilachá.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pereira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Irexe | Vilachá |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Moralejo Laso, Abelardo (1977). Toponimia gallega y leonesa (en castelán). Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro. p. 120. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ Desde O Pedrouzo hasta Santiago de Compostela Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine., entrada en santiagocompostela.info (en castelán).
- 1 2 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-IV (10-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.