TAP Air Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "TAP Portugal")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TAP Portugal
TAP Portugal Logo.svg
IATA
TP
OACI
TAP
Indicativo
AIR PORTUGAL
Fundación14 de marzo de 1945
Inicio das operacións19 de setembro de 1946
AlianzaStar Alliance
SubsidiariasPortugália, PGA Express
Frota55
Destinos78
Páxina web: http://www.flytap.com/
Airbus A330 de TAP Portugal

TAP Air Portugal é a aeroliña nacional de Portugal, con base en Lisboa e membro da Star Alliance dende o 15 de marzo do 2005. Opera a destinos en Europa, África e América, voando a 88 destinos en 35 países distintos. A sigla TAP significa Transportes Aéreos Portugueses, denominación orixinal da empresa.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

O 14 de marzo de 1945 Humberto Delgado, o director do Secretariado de Aviación Civil de Portugal, creou a sección de Transportes Aéreos baixo a denominación de Transportes Aéreos Portugueses. Ese mesmo ano TAP adquiriu os seus dous primeiros avións, dous DC-3 con capacidade para 21 pasaxeiros.

En 1946 comezou as súas actividades. A súa primeira liña comercial foi entre as cidades de Lisboa e Madrid, estreada o 19 de setembro. O 31 de decembro dese ano ínaugurouse a Linha Aérea Imperial. A Linha, Lisboa-Luanda-Lourenço Marques (actual Maputo), facía un percorrido de 24.540 quilómetros con 12 escalas e cunha duración de 15 días (ida e volta) e era a máis extensa liña no mundo cuberta por un DC-3.

A primeira liña doméstica, entre Lisboa e Porto, foi aberta en 1947, e ese ano foron adquiridos catro DC-4 Skymaster. Estes foron usados en rutas cara África e cara os principais destinos europeos. En 1948 a aeroliña pasaría aser membro da IATA.

Douglas DC-4 da aeroliña en Londres

Ata finais da década a aeroliña foi ampliando os seus destinos. Comezou a voar cara París en 1948 e cara Londres en 1949 cos DC-4, e cara Sevilla en 1948 co DC-3. No ano 1949 tamén comezou a voar a Casablanca e a Tanxer.

En 1953 TAP pasou a ser de dominio publico a unha sociedade anónima de responsabilidade limitada, con capitais mixtos pero coa maioría do Estado. TAP continuou apostando pola Linha Aérea Imperial, e en 1954 introduciu nesta liña o DC-4, que fixo o seu primeiro voo entre Lisboa e Luanda cunha duración de 17 horas.

En agosto de 1955 TAP recibiu o seu primeiro catrimotor de longo alcance, o Lockheed L-1049G Super Constellation, que en novembro comezou a operar cara África. Con esta adquisición o tempo de voo entre Lisboa e Lourenço Marques redúxose considerablemente. Nese mesmo ano realízouse unha viaxe experimental a Río de Xaneiro cun DC-4.

En 1958 o último dos DC-3 foi retirado do servizo e TAP comezou a estudar a transición cara os reactores.

En 1960 realízou o primeiro voo entre Lisboa e Porto Santo. Ese mesmo ano TAP inaugura o Voo da Amizade entre Lisboa e Río de Xaneiro, destinado sobre todo a brasileiros e portugueses, con tarifas a menos da metade do prezo normal da época para ese traxecto. Tamén realizouse a primeira viaxe entre Lisboa e Goa, con case 19 horas de duración total e cinco escalas. TAP retirou o último dos catro DC-4 do servizo en 1960.

A guerra colonial en África fixo que a compañía se centrase en Europa e no Brasil. A pesar da guerra, TAP seguiu inaugurando novas liñas e abrindo novas delegacións.

Era dos reactores[editar | editar a fonte]

En xullo de 1962 a aeroliña recibiu o seu primeiro reactor, un dos tres Caravelle mercados que voarían ata 1975. Nese mesmo ano comezaron os voos entre Lisboa e As Palmas de Gran Canaria e Santa María (Azores), e un ano despois cara Xenebra, Múnic e Frankfurt.

TAP transportou ao seu pasaxeiro 1 millón o 19 de xuño de 1964, 18 anos despois de que a compañía iniciase as súas actividades. En 1967 TAP converteríase na primeira aeroliña europea en operar unicamente avións a reacción. En 1969 comezou a voar a Nova York, con escala en Santa Maria, e ao ano segunte inauguraría o servizo a Boston. En 1975 TAP foi nacionalizada, pasando a ser unha empresa pública e cambiou o seu nome para o de TAP Air Portugal en marzo de 1979. Foi creado un novo logotipo, novas decoracións para os avións e novos uniformes.

TAP mercou o Boeing 747 durante os anos 70, sbstituíndo aos seus Boeing 707, pero foron finalmente vendidos debido á falta de demanda. Sería substituídos por Lockheed TriStar e Airbus A310 nas rutas de longo percorrido. En 1985 TAP fundou a súa subsidiaria charter Air Atlantis e en 1989 TAP converteuse nunha Sociedade Anónima.

Airbus A321 coa antiga librea da compañía

En 1989 comezou a voar a Newark, New Jersey, no ano 1991 inaugurou o servizo a Berlín e en 1993 a Tel Aviv. En 1994 TAP asinou un acordo para comparttir código con Delta Air Lines para o seu servizos no Atlántico norte. Este acordo rematou no 2005.

En 1996 iniciou o servizo cara Boston a través da illa Terceira, nas Azores, e tamén os voos cara Macau. Un ano despois comezou a voar cara Punta Cana e Bangkok. Os voos a Bangkok e Macau interromperíanse en 1998.

De cara finais dos 90 TAP vendeu os seus vellos Boeing 727 e Boeing 737, substituíndoos por Airbus A319, A320 e A321. Os TriStar foron vendidos a Air Luxor e foron substituídos por Airbus A340, estando a partír de aí toda a súa frota composta por avións de Airbus.

Século XXI[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2005 TAP Air Portugal foi renomeada como TAP Portugal,[1] o seu actual nome. O 14 de marzo dese ano, o mesmo día do seu 60 aniversario, TAP Portugal converteuse en membro da alianza de aeroliñas Star Alliance. TAP rematou o seu acordo con Delta Air Lines e comezou un novo con United Airlines, que tamén é membro da Star Alliance. Baixo este acordo o código de United (UA) é usado polos voos transatlánticos de TAP Portugal e nalgúns africanos, e o de TAP Portugal (TP) é usado en voos de de United.

No 2006, TAP Portugal asinou un contrato con Espírito Santo International para adquirir o 99.81% da aeroliña rexional portuguesa Portugália.

No ano 2007 TAP Portugal foi premiada pola OTAN como a mellor empresa de reparación dos avións e motores do programa de mantemento dos seus AWACS, e foi distinguida cos máis altos premios de mantemento e revisión de Airbus Industries en 1996, 2000, 2003 e 2005, sendo certificada para todos os seus avións, motores e compoñentes. TAP Portugal completou bases de mantemento e reformas en Lisboa, Río de Xaneiro e Porto Alegre, e ten estacións de mantemento en tres continentes: 4 en Portugal, 8 en Brasil e 1 en Angola.

TAP comezou a programar voos cara Moscova, Varsovia e Helsinqui en xuño do 2009. No ano seguinte inaugurou novas rutas a Marrakesh e Alxer. O lanzamento destas novas rutas destacou os esforzos da aeroliña por medrar en África, que fora a única zona das súas rutas onde a compañía non deixou de medrar dende 2001, pasando de 236.000 a 541.000 pasaxeiros. Novas rutas de longo alcance foron anunciadas no 2011, entre elas cara Miami e Porto Alegre.

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En novembro de 2020 a frota de TAP Air Portugal estaba formada poos seguintes avións:[2][3][4]

Frota de TAP Air Portugal
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Refs Notas
B E+ E Total
Airbus A319-100 17 144 144
Airbus A320-200 18 174 174
Airbus A320neo 7 8 174 174 [4]
Airbus A321-200 4 12 204 216
Airbus A321LR 9 3 16 48 107 171 [5]
16 182 198
Airbus A321neo 7 5 12 204 216 [6]
221 221
Airbus A330-200 7 25 244 269
Airbus A330-900neo 19 6 34 96 168 298 [7] Cliente de lanzamento.
Total 88 22

Histórica[editar | editar a fonte]

Frota histórica de TAP Air Portugal
Avión Introducido Retirado
Airbus A310-300 1988 2008
Airbus A330-300 2017 2019[8]
Airbus A340-300 1995 2019[9]
Boeing 707-320B 1965 1990
Boeing 727-100 1967 1989
Boeing 727-200 1975 1991
Boeing 737-200 1983 1999
Boeing 737-300 1988 2001
Boeing 747-200 1972 1984
de Havilland Canada DHC-6 Twin Otter 1979 Descoñecido
Douglas DC-3 1945 1959
Douglas DC-4 1947 1960
Lockheed L-1011 TriStar 1983 1997
Lockheed L-1049 Super Constellation 1953 1967
Sud Aviation Caravelle 1962 1969

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A história da TAP". TAP Air Portugal (en portugués). Consultado o 2020-12-15. 
  2. "TAP Fleet - Explore the TAP aircraft - TAP Air Portugal". www.flytap.com. 
  3. "TAP - Air Portugal Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Airbus orders and deliveries". Airbus. Novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020.  O valor |dead-url=no" == DeadURL or "non é incorrecto (Axuda)
  5. "TAP Air Portugal takes delivery of its first A321LR". Airbus (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  6. "TAP Portugal orders 14 A330-900neo and 39 A320neo Family aircraft". airbus.com. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  7. "TAP Portugal orders 14 A330-900neo and 39 A320neo Family aircraft". airbus.com. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  8. "TAP Air Portugal Retires Final Airbus A330-300". Simple Flying (en inglés). 18 de xullo de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  9. "Os últimos voos dos Airbus A340-300 na TAP Air Portugal". NewsAvia (en portugués). 23 de outubro de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]