Aviación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviation - collage.jpg

A aviación consiste no deseño, desenvolvemento, fabricación, produción, operación, e utilización para fins privados ou comerciais, como o transporte de materiais ou persoas, de aeronaves, especialmente as máis pesadas que o ar. O voo en si é a parte da operación que inclúe o desprazamento controlado, a través do ar, de aparatos que usan para desenvolver o seu voo a forza sustentadora de superficies fixas ou móbiles, impulsados polo seus propios motores, como avións e helicópteros, ou sen motor, como os planadores.

Os dirixibles e os globos aerostáticos non se inclúen neste concepto, por tratarse de enxeños cunha capacidade de voo baseada no principio de Arquímedes, sendo anteriores no tempo aos aerodinos, cun sistema de voo fundamentado no uso de superficies sustentantes.

Tamén se entende por aviación todo aquilo que comprende as infraestruturas, industria, o persoal e en xeral calquera organización, privada ou pública, nacional ou supranacional, reguladora e de inspección cuxa actividade principal é todo o que implica a operación aeronáutica. Neste sentido, pode efectuarse unha primera diferenciación entre aviación civil e aviación militar, en función do carácter da súa activadade.

Historia da aviación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da aviación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aviación Modificar a ligazón no Wikidata
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Aviación

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]