Aeroporto de Castelló
| Aeroporto de Castelló | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Vilanova d’Alcolea | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Operador/a
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||
|
Pistas de aterraxe
| |||||||||
|
Código IATA
| |||||||||
|
Código ICAO
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
O Aeroporto de Castelló (IATA: CAS, OACI: LECS), tamén coñecido como Aeroporto de Castelló-Costa Azahar ou Aeroporto de Castelló-Costa dels Tarongers, é un aeroporto español localizado nas inmediacións de Vilanova d'Alcolea, na provincia de Castelló.
Foi xestionado pola sociedade pública Aerocas e posteriormente pola canadense SNC-Lavalin. A pesar de ser inaugurado oficialmente en marzo de 2011, non recibiu todos os permisos para operar ata decembro de 2014[1] e ata setembro de 2015 careceu de operacións regulares, converténdose nun símbolo da disipación que caracterizou o desenvolvemento da crise española de 2008.[2][3][4] En outubro de 2016 operaba un pequeno número de voos con algo máis de 400 pasaxeiros ao día.[5]
Localización
[editar | editar a fonte]O aeroporto emplázase a 40 km de Castelló de la Plana, ademais doutros núcleos turísticos como Benicàssim, ou industriais como Vila-real, Onda ou Borriana.
Construción
[editar | editar a fonte]Desde o seu inicio, o proxecto do aeroporto de Castelló foi identificado como unha decisión persoal do presidente da Deputación Provincial de Castelló, Carlos Fabra. Como manifestou en numerosas ocasións, o aeroporto de Castelló sería unha necesidade ineludible para poder converter a Castelló nunha zona turística de calidade. Así, o aeroporto debería entenderse dentro do marco do fomento do lecer, onde tamén se incluiría o futuro parque temático "Mundo Ilusión", a promoción do golf con torneos de categoría internacional, e enclaves residenciais como Marina d'Or.
Os detractores ao proxecto sinalan en cambio, que un aeroporto en Castelló é un gasto innecesario, dada a proximidade dos aeroportos de Reus e de Valencia, a aproximadamente 50 minutos de distancia da cidade de Castelló. Os ecoloxistas sinalan á súa vez que os terreos onde se está construíndo son dunha alta riqueza ecolóxica. De feito, conseguiuse paralizar en varias ocasións a súa construción mediante denuncias no xulgado por delitos ao medio ambiente.[6]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Blue Air | Bucarest |
| Ryanair | Londres-Stansted, Poznań (comeza o 1 de novembro de 2017) Estacional: Bristol, Sofía |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ortega, Lorena (11 de decembro de 2014). "Dos jubilados en helicóptero estrenan el aeropuerto de Carlos Fabra". El País (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2014.
- ↑ Minder, Raphael (18-7-2012). "In Spain, a Symbol of Ruin at an Airport to Nowhere". The New York Times (en inglés). Consultado o 14-1-2013.
- ↑ Hermann, Mark (20-7-2012). "Only Plane at Ghost Airport on Politician’s Head". Pacific Standard (en inglés). Consultado o 8-2-2013.
- ↑ Govan, Fiona (15-2-2012). "Spanish 'ghost' airport's unused runway to be dug up". The Daily Telegraph (en inglés). Consultado o 8-2-2013.
- ↑ La Plana al Día. "El aeropuerto de Castellón crece de nuevo con casi 13.000 pasajeros en octubre" (en castelán).
- ↑ Navarro, Javier (7 de novembro de 2010). "El aeropuerto de Castellón necesita apoyos para comenzar a volar" [O aeroporto de Castelló necesita apoios para comezar a voar]. El periódico mediterráneo. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016.
