Festival Aéreo de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Águila en cuña, Vigo 2009.
Pesca 1 da Xunta de Galicia, FAV 2009.
Canadair do EA español no FAV 2009.

O Festival Aéreo de Vigo celébrase anualmente, dende 2004, nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo, na cidade olívica.

Descrición[editar | editar a fonte]

O festival é un espectáculo público, de participación internacional, gratuíto e de calidade, que se fai na praia de Samil, inda que é perfectamente visible dende outros lugares próximos. Leva preto de dez edicións e é precedido da Semana Cultural Aeronáutica, consistente en exposicións e outras actividades.

Chegan a participar máis de cincuenta aeronaves, entre as habituais están a Patrulla Águila, os Canadair CL-215, EF-18 Hornet e a patrulla PAPEA (paracaidista) do Exército do Aire español, o helicóptero Sikorsky S-76C+ Pesca 1 da Xunta de Galicia, as patrullas Asas e Rotores de Portugal, outros paracaidistas, patrullas francesas, italianas e diferentes aparatos acrobáticos.

Inda así sempre hai algunha aparición sorpresa espectacular en cada edición, coma os A-10 Thunderbolt II ou B-52 Stratofortress da USAF, Harrier da Armada española, Eurofighter, ...

O de Vigo e o segundo no calendario da tempada dos seis festivais aéreos en España. Os outros celébranse nas cidades de Valencia dende 2004[1], Xixón dende 2006[2], Málaga dende 2009[3], Barcelona dende 1993[4] e Cádiz dende 2008.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]