Liga de Fútbol Profesional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga Nacional de Fútbol Profesional, coñecida polas siglas LFP ou a marca comercial A Liga, é unha asociación deportiva integrada polos clubs e as sociedades anónimas deportivas que participan nas categorías profesionais da Liga española de fútbol, isto é, a Primeira e a Segunda División.

Foi creada en 1984 e forma parte da Real Federación Española de Fútbol aínda que ten personalidade xurídica propia e goza de autonomía para o seu funcionamento. O actual presidente é José Luis Astiazarán.

A súa principal función, ademais de defender os intereses dos seus asociados, é a organización da liga de Primeira e a Segunda División en coordinación coa RFEF.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro comité executivo da LFP tomou posesión o 30 de decembro de 1983 na sede da Real Federación Española de Fútbol.

A primeira directiva formouse polos seguintes presidentes de clubs profesionais, cos seguintes cargos na LFP:

Contratouse como secretario xeral a Jesús Samper Vidal, que organizou a primeira estrutura económica e administrativa da LFP, e que elaborou os primeiros estatutos, que se aprobaron en 1984. Por mor da aprobación deses estatutos, a LFP fúndase oficialmente o 26 de xullo de 1984.

En 1987 contrátase a Antonio Fernández Fidalgo como director de relacións externas, e en 1991 a Pedro Tomás Marqués como xerente e a Carlos del Campo Colás como asesor xurídico.

O 11 de decembro de 1984 Antonio Baró Armengol sucede a Manuel Vega-Arango na presidencia, que ocupa ata o seu falecemento, o 11 de febreiro de 2001. Realízanse entón unhas eleccións á presidencia, que gaña Pedro Tomás Marqués.

Sen esgotar o seu mandato, Tomás deixou o cargo e o 9 de xuño de 2004 o vicepresidente primeiro da LFP, José Luis Astiazarán -presidente da Real Sociedad de Fútbol- asumiu a presidencia en funcións. Tras un ano, Astiazarán deixou o seu posto ante a convocatoria de eleccións, sendo substituído na presidencia interina o 22 de xuño de 2005 por Guillermo Cabello Valero, vicepresidente segundo da LFP e presidente do Terrassa FC. Porén, o descenso deste club a Segunda División B obrigoulle a Cabelo a ceder a presidencia en funcións a Carlos del Campo Colás, secretario xeral da LFP.[1] As eleccións celebráronse finalmente o 15 de xullo de 2005, sendo elixido José Luis Astiazarán como novo presidente, ao obter o aval de 39 dos 42 clubs afiliados á LFP.[2]

O 14 de abril de 2009 Astiazarán dimitiu para anticipar as eleccións,[3] exercendo como presidentes interinos os dous vicepresidentes, Javier Tebas e Jaime Barriuso, xunto ao secretario xeral, Carlos del Campo. Finalmente, o 27 de abril de 2009 Astiazarán foi reelixido presidente tras ser a súa a única candidatura presentada.[4]

Presidentes[editar | editar a fonte]

Presidente Período
Manuel Vega-Arango Alvaré 1983-1984
Antonio Baró Armengol 1984-2001
Pedro Tomás Marqués 2001-2004
José Luis Astiazarán (interino) 2004-2005
Guillermo Cabello (interino) 2005
Carlos del Campo (interino) 2005
José Luis Astiazarán 2005-

Resultados deportivos[editar | editar a fonte]

Táboa histórica de resultados da Primeira División dende a creación da Liga de Fútbol Profesional
Equipo 2014 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 Anos Puntos Títulos
600px Bianco viola reale.png Real Madrid - 2 1 2 2 2 1 1 2 2 4 1 3 1 5 2 4 1 6 1 4 2 2 3 1 1 1 1 1 5 29 2012 12
600px Catalano azulgrana.png FC Barcelona - 1 2 1 1 1 3 2 1 1 4 6 4 4 2 1 1 2 3 4 1 1 1 1 3 2 6 2 2 1 29 2004 13
600px Bianco e Nero Valenciano.png Valencia CF - 5 3 3 3 6 10 4 3 7 1 5 1 5 3 4 9 10 2 10 7 4 4 7 2 3 14 16 9 28 1578 2
600px Bianco e Rosso a strisce con Triangolo Blu e Bianco con stelle Bianche.png Atlético Madrid - 3 5 7 9 4 4 7 10 11 7 12 19 13 7 5 1 14 12 6 3 2 4 4 3 7 5 2 27 1423 1
600px Bilbao.png Athletic Club - 12 10 6 8 13 11 17 12 9 5 7 9 12 11 8 2 6 15 8 5 8 14 12 12 7 4 9 3 3 29 1375 -
Bianco con lati Rossi e Neri e scudo a strisce rosse.svg Sevilla FC - 9 9 5 4 3 5 3 5 6 6 10 8 20 20 12 5 6 7 12 8 6 9 10 12 9 12 26 1253 -
600px Bianco e Blu a Strisce.png Real Sociedad - 4 12 15 19 16 14 15 2 13 13 13 10 3 8 7 11 11 13 5 13 5 11 2 8 7 7 26 1221 -
600px Crown on blue and white stripes.png RCD Espanyol - 13 14 8 11 10 12 11 15 5 16 17 14 9 14 7 10 12 4 6 18 16 16 17 15 3 11 8 27 1215 -
600px Colori di Saragozza.png Real Zaragoza 20 16 13 14 18 6 11 12 12 20 17 4 9 13 14 13 7 3 9 6 17 9 5 11 5 4 10 27 1190 -
600px Purple cross and crown.png RC Deportivo 19 18 10 7 9 13 8 8 3 3 2 2 1 6 12 3 9 2 2 3 17 21 1183 1
600px Crown on green and white.png Real Betis - 7 13 18 13 16 14 4 9 8 6 18 11 8 4 8 3 20 18 16 9 8 14 22 1033 -
600px Rosso scuro e Nero.png Real Mallorca 18 8 17 5 9 7 12 13 17 11 9 16 3 10 3 5 20 15 10 18 6 21 1001 -
600px COA su sfondo Rosso e Azzurro.png Atlético Osasuna - 16 7 9 12 15 17 14 4 15 13 11 17 15 20 10 15 4 8 10 5 16 14 6 23 968 -
Bianco-Violetto con angolo rosso e giallo.svg Real Valladolid - 14 18 16 15 18 14 12 16 8 12 11 7 16 19 18 19 9 16 6 8 10 10 13 23 939 -
600px Verde Bianco e Nero con corona.png Racing Santander 20 12 16 12 6 10 17 16 17 16 19 15 15 14 13 17 12 8 17 12 11 21 877 -
600px Bianco e Azzurro con Croce di San Giacomo.png RC Celta - 17 18 6 19 4 5 6 7 5 6 16 11 13 15 11 19 8 7 18 19 854 -
600px VCF su sfondo Giallo.png Villarreal CF - 18 4 7 5 2 5 7 3 8 15 15 7 18 13 720 -
600px Rosso e Bianco (strisce).png Sporting Xixón 19 10 15 14 20 15 18 18 14 12 8 5 13 13 9 4 6 4 18 689 -
600px Blu e Bianco (Strisce).png Málaga CF - 6 4 11 17 8 20 10 10 13 10 8 12 12 582 -
600px Blu con bordo bianco e croce dorata.svg Real Oviedo 18 16 14 18 17 14 9 16 11 6 11 12 12 527 -
600px Blu con croce Bianca bordata Oro.png CD Tenerife 19 19 19 16 9 5 15 10 5 13 14 18 12 491 -
600px Bianco con striscia Rossa.png Rayo Vallecano - 8 15 20 11 14 9 18 19 17 14 20 11 444 -
  • A táboa inclúe só a aqueles 22 equipos que teñen disputado polo menos 10 edicións da máxima competición ligueira do fútbol español que organiza a LFP dende a tempada 1984/85. Os equipos están ordeados segundo a suma de puntos acadados nas diferentes edicións da liga. Ate a tempada 1994-95 a vitoria valía 2 puntos. Dende a tempada 1995-96 a vitoria vale 3 puntos. O Málaga CF non é o CD Málaga, que disputou 3 tempadas de Primeira División en 1985, 1989 e 1990.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]