Diego Forlán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diego Forlán
U10 Diego Forlán 7569.jpg
Información persoal
Nome completo Diego Martín Forlán Corazo
Nacemento 19 de maio de 1979 (34 anos)
Lugar Montevideo, Uruguai
Altura 1,77 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Internacional
Número 7
Carreira xuvenil
1990–1991 Peñarol
1991–1994 Danubio
1994–1997 Independiente
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2001 Independiente 80 (37)
2001–2004 Manchester United 63 (10)
2004–2007 Villarreal 106 (54)
2007–2011 Atlético de Madrid 134 (74)
2011–2012 Internazionale 18 (2)
2012–2014 Internacional 32 (10)
2014– Club Cerezo Osaka
Selección nacional
2002– Uruguai 107 (36)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 21 de marzo de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 14 de agosto de 2013.

Diego Martín Forlán Corazo, nado en Montevideo o 19 de maio de 1979, é un futbolista uruguaio que xoga de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de futbolistas. O seu pai, Pablo Forlán, xogou coa selección de Uruguai nos Mundiais de 1966 e 1974, e o seu avó, Juan Carlos Corazo, xogou no Independiente.

Inicios[editar | editar a fonte]

Forlán xogou en varios clubs de Sudamérica, o último o Independiente, antes de ser traspasado ao Manchester United en xaneiro de 2002 por 6,9 millóns de libras.

Manchester United[editar | editar a fonte]

Debutou no Manchester United o 29 de xaneiro de 2002 contra o Bolton Wanderers, pero non marcou o seu primeiro gol, de penalti, ata o 18 de setembro, nun partit da Liga de Campións contra o Maccabi Haifa.

Convertiuse nun dos xogadores favoritos da afección cando marcou dous goles contra o Liverpool para gañar 1-2 en Anfield. Os 17 goles de Forlán en 95 partidos non tiñan comparación cos 150 goles en 210 partidos do seu anterior compañeiro de equipo Ruud van Nistelrooy, e estaba preto a súa saída do club. A chegada de Wayne Rooney marcou o fin dos días de Forlán en Inglaterra.

Villarreal[editar | editar a fonte]

Forlán estivo preto de fichar polo Levante, pero acabou fichando o 21 de agosto de 2004 polo Villarreal, onde conseguiu o trofeo Pichichi na tempada 2004-2005, con 25 goles. Ademais colaborou na clasificación do Villarreal para a Liga de Campións por primeira vez na súa historia. Tamén gañou a Bota de Ouro europea xunto con Thierry Henry.

Atlético de Madrid[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2007 Forlán fichou polo Atlético de Madrid por uns 21 millóns de euros.[1] Na súa primeira tempada foi o segundo máximo goleador do equipo por detrás de Sergio Agüero. Na segunda tempada, a 2008-09, marcou 32 goles converténdose en máximo goleador do equipo, da liga, conseguindo novamente o trofeo Pichichi, e de Europa, conseguindo tamén a Bota de Ouro por segunda vez. O 8 de maio de 2008 Diego Forlán converteuse no máximo goleador uruguaio da historia da liga española con 69 goles.

Na tempada 2009-10, Diego Forlán tivo un papel fundamental no éxito en Europa do Atlético de Madrid ao marcar cinco dos últimos seis goles do seu equipo na Europa League, competición que acabou gañando. Forlán marcou contra o Valencia en semifinais e fixo os dous da gran final contra o Fulham, partido no que foi escollido mellor xogador. Na liga marcou 18 goles en 31 partidos, para pechar a tempada con cifras de 28 goles en 46 partidos.

A tempada 2010-11 tamén comezou cun título, xa que o 27 de agosto de 2010, o Atlético proclamouse campión da Supercopa de Europa tras gañar por 2-0 ao Inter de Milán.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Ata xaneiro de 2011, foi internacional coa Selección de fútbol de Uruguai 69 veces e marcou 29 goles. O seu debut coa selección foi o 27 de marzo de 2002, nun partido amigable fronte a Arabia Saudí disputado na cidade de Riad.

No Mundial de 2002 marcou un gol no empate 3-3 fronte a Senegal, cando a súa selección quedou eliminada do torneo. Neste encontro, realizou o seu debut nun Mundial ao iniciarse a segunda metade do partido, cando a súa selección caía derrotada 0-3.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Manchester United
Villarreal
Atlético de Madrid

Selección[editar | editar a fonte]

Uruguai

Individual[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diego Forlán