Víctor Valdés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor Valdés
Valdés 2010.jpg
Información persoal
Nome completo Víctor Valdés i Arribas
Nacemento 14 de xaneiro de 1982 (32 anos)
Lugar L'Hospitalet de Llobregat, España
Altura 1,83 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Barcelona
Número 1
Carreira xuvenil
1992 Barcelona
1992–1995 Tenerife
1995–2000 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000 Barcelona C 16 (0)
2000–2003 Barcelona B 77 (0)
2002– Barcelona 349 (0)
Selección nacional
2000–2001 España sub-18 11 (0)
2001 España sub-19 3 (0)
2001 España sub-20 1 (0)
2002–2003 España sub-21 11 (0)
2004– Cataluña 12 (0)
2010– España 10 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de xaneiro de 2013.
† Aparicións (Goles)

Víctor Valdés Arribas, nado o 14 de xaneiro de 1982 en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona), é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu equipo actual é o Futbol Club Barcelona.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

É un gardameta de gran corpulencia física (mide 1,83 metros e pesa 78 kg).

Naceu en L'Hospitalet de Llobregat pero creceu en Gavà. Desenvolveu toda a súa carreira deportiva no fútbol base do FC Barcelona, club no que ingresou o 1 de xullo de 1992, con só 10 anos de idade, procedente da pena barcelonista "Cinc Copes". Con todo, en setembro dese mesmo ano, sen apenas comezar a tempada, viuse obrigado a deixar o club, xa que a súa familia trasladouse a vivir a Tenerife durante tres anos por motivos persoais. En 1995 regresou a Barcelona e reincorporouse ao club para xogar en diversos equipos das categorías inferiores.

Debutou no primeiro equipo na tempada 2002-2003, na que alternou as súas actuacións entre o Barcelona B e o primeiro equipo. Debutou na Primeira división española o 1 de setembro de 2002 no partido FC Barcelona 2-2 Atlético de Madrid. Con tan só 20 anos defendeu a portería do Barcelona nun total de 14 partidos de Liga, alternando a titularidade co arxentino Bonano, encaixando un total de 15 goles. Tamén disputou seis partidos da Liga de Campións, nos que encaixou tan só tres goles. Esa tempada, con todo, non foi do todo agradable para Víctor: Louis Van Gaal, o mesmo adestrador que lle deu a oportunidade de debutar no primeiro equipo, estivo a piques de expulsalo do club. Logo de haberse gañado a titularidade e ser titular na Liga de Campións, Van Gaal non só o relegou ao banco senón que o obrigou a volver xogar no filial, o Barcelona B, da Segunda división B española. Valdés considerouno unha humillación e, non só non se presentou ao partido do Barcelona B, senón que estivo tres días sen aparecer nos adestramentos. Só a intermediación do presidente Joan Gaspart, que confiaba no seu potencial, evitou a súa marcha do club. A metade de tempada Van Gaal foi cesado por mor dos malos resultados e o seu sucesor, Radomir Antić volveu confiar a Valdés a titularidade.

A tempada seguinte, a 2003-2004, empezou alternando a titularidade co turco Rüştü Reçber, aínda que acabou a tempada como titular, grazas á confianza depositada polo técnico Frank Rijkaard e ás malas actuacións do porteiro turco.

A tempada 2004-2005, xa co número 1 na camiseta, foi a da súa consagración definitiva. Xogou como titular en 35 dos 38 partidos de Liga disputados (foi o xogador do persoal que máis minutos xogou), encaixando tan só 25 goles (unha media de 0,71 goles por partido). Foi un dos xogadores decisivos para que o FC Barcelona proclamásese campión da Primeira División de España, o seu primeiro título como profesional.

Ademais, a súa excelente campaña outorgoulle o Trofeo Zamora ao porteiro menos batido da Liga.

Víctor Valdés durante un adestramento.

Na tempada 2005-2006, Víctor continuou sendo o gardameta titular do equipo, e volveu proclamarse campión de Liga. A pesar diso, o gardameta de L'Hospitalet de Llobregat foi obxecto de debate por algunhas das súas actuacións en determinados partidos, nos que erros puntuais do porteiro fixeron perder puntos ao Barcelona, en senllos partidos fronte ao Valencia CF, e na segunda volta no partido contra Osasuna. Cabe destacar que a posición de porteiro no Barça, foi historicamente un posto de gran esixencia, no que porteiros de suposta calidade, perderon o seu posto debido á presión mediática e da bancada e a erros que condenan ao equipo.

O 17 de maio de 2006, o FC Barcelona xogou no Stade de France (París) a final da Liga de Campións da UEFA fronte ao Arsenal FC inglés. En devandito partido, Víctor resolveu diversos man a man contra os dianteiros do conxunto londinense, especialmente Thierry Henry (que, curiosamente, sería o seu compañeiro un ano despois), que só puideron baterlle cun gol de cabeza de Sol Campbell. O gardameta catalán foi protagonista en diversas xogadas de perigo por parte do Arsenal, podendo evitar varios goles. Finalmente, o Barcelona conseguiría remontar o partido e facerse coa súa segunda Liga de Campións.

É o porteiro titular do equipo azulgrana e terceiro capitán, por detrás de Carles Puyol e Xavi Hernández.[2]

O 8 de novembro de 2008 fronte ao Real Valladolid alcanzou o seu partido 200 co FC Barcelona, sendo o porteiro máis novo da historia do equipo azulgrana en conseguilo.

O 19 de xuño de 2009 tras lograr o triplete co equipo e logo de varios tira e afrouxa co club, Víctor renova ata o 2014 por 7 millóns de euros por tempada. Nun principio o representate de Víctor pedía 11 millóns. Ao final tras recibir ofertas do Manchester United e outros clubs decide quedar no Barcelona.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi convocado nunha ocasión pola selección de fútbol de España. Foi o 15 de agosto de 2005, con motivo dun partido amigable contra Uruguai no estadio de El Molinón, en Xixón, e tras a lesión de Iker Casillas.[3] Finalmente, o gardameta titular no encontro foi Pepe Reina e Valdés non chegou a debutar.

O 20 de maio de 2010 foi convocado por Vicente del Bosque para o Mundial de Sudáfrica. O seu debut coa selección produciuse o 3 de xuño, nun partido amistoso contra Corea do Sur en Innsbruck (Austria), no que xogou a segunda parte en sustitución de Pepe Reina e que rematou 1-0 a favor de España.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española, en Sudáfrica.

Anteriormente, foi internacional en varias categorías inferiores da selección española Sub 15 e Sub 17 sendo o porteiro menos goleado no mundial sub 17 dese ano.

Tamén disputou partidos internacionais de carácter amigable coa selección de Cataluña.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de España FC Barcelona España 2005
Supercopa de España FC Barcelona España 2005
Liga de España FC Barcelona España 2006
Supercopa de España FC Barcelona España 2006
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010
Liga de España FC Barcelona España 2011
Copa do Rei FC Barcelona España 2012
Liga de España FC Barcelona España 2013

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona España 2006
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona España 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Fútbol Selección española España 2010

Outros[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Catalunya FC Barcelona España 2003
Copa Catalunya FC Barcelona España 2004
Copa Catalunya FC Barcelona España 2007

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Trofeo Zamora 2005
Trofeo Zamora 2009
Trofeo Zamora 2010
Trofeo Zamora 2011
Trofeo Zamora 2012

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Víctor Valdés Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]