Unión Deportiva Las Palmas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Las Palmas
Nome Unión Deportiva Las Palmas, SAD
Fundación 22 de agosto de 1949 (65 anos)
Estadio Gran Canaria,
As Palmas, España
Inauguración 2003
Capacidade 31.250
Presidente España Miguel Ángel Ramírez
Adestrador España Josico
Liga Segunda División
2013–14
Vestimenta Hummel
Patrocinador Gran Canaria
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

A Unión Deportiva Las Palmas, SAD é un club de fútbol español da cidade das Palmas de Gran Canaria, na illa de Gran Canaria, que xoga actualmente na Segunda división española. Estivo 31 tempadas en Primeira División e ostenta a 19ª posición na Clasificación histórica da Primeira División. O equipo foi subcampión na tempada 1968/69 e xogou a Copa da UEFA en tres ocasións.

O club conta con 11.364 socios[1] e ten 38 peñas oficiais.[2]

A Unión Deportiva Las Palmas fundouse o 22 de agosto de 1949 ó fusionarse 5 equipos locais: o Club Deportivo Gran Canaria, o Atlético Club, o Real Club Victoria, o Arenas Club e o Marino F.C.

Himno[editar | editar a fonte]

O club tivo dous himnos oficiais, sendo o segundo o que máis éxito popular obtivo. O primeiro foi composto por José Trunchado e levaba por título "Arriba de ellos". Gonzalo Monasterio (letra) e Peón Real (música) crearon o actual himno da Unión Deportiva Las Palmas, himno que desde un primeiro momento foi ben acollido pola afección amarela. Este himno gañou en Barcelona o terceiro posto no Festival da Canción Deportiva.[3]

Escudo[editar | editar a fonte]

O escudo ten como base un fondo de zafiro, no centro o escudo da cidade orlado cos escudos dos cinco equipos fundadores. Entre a coroa e o escudo da cidade unha cinta amarela que leva o nome da entidade, a cidade e o arquipélago ao que representa. Entre a orla dos escudos dos cinco clubs fundadores e o escudo da cidade atópase nunha cinta branca o lema "segura ten a palma".

A Unión Deportiva Las Palmas posúe no seu escudo unha coroa e con todo, non é "real", isto débese a que a coroa foi herdada do Real Club Victoria, club fundador.

Uniforme[editar | editar a fonte]

O uniforme da Unión Deportiva Las Palmas, quedou establecido desde o inicio da historia do club, coas cores representativas da illa de Gran Canaria, o amarelo e o azul, que fan alusión á "area loura das praias e ao azul ao océano Atlántico".

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón azul, medias azuis con ribetes amarelos.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón branco e medias vermellas e negras, en homenaxe ao centenario do club fundador Arenas CF.
  • Terceiro uniforme: Camiseta cor azul con detalles amarelos, pantalón azul e medias azuis e amarelas.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio de Gran Canaria.
España - Irlanda do Norte, Estadio de Gran Canaria, 21 de novembro de 2007.

As Palmas xoga todos os seus partidos oficiais no Estadio de Gran Canaria desde a tempada 2003/04. É o sucesor do Estadio Insular, onde xogou os seus partidos o equipo ata a tempada anterior.

Este campo de xogo, situado no barrio de Siete Palmas, ten unha capacidade de 32.665 espectadores, conta con pistas de atletismo e foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht de Bélxica. O encontro terminou co resultado de 2-1 favorable aos amarelos, con goles de Rubén Castro e Alain Nkong.

Outras instalacións[editar | editar a fonte]

As instalacións de Barranco Seco son o lugar habitual de adestramento do primeiro persoal. É un complexo provisto con dous terreos de xogo, un de céspede natural e outro de terra.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 31
  • Tempadas en : 28 (Incluída a 2014/15)
  • Tempadas en 2ªB: 6
  • Tempadas en : 1
  • Partidos en  : 1020.
  • Puntos en  : 937.
  • Vitorias en  : 345.
  • Empates en  : 225.
  • Derrotas en  : 450.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do UD Las Palmas.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR Flag of Argentina.svg Mariano Barbosa
3 DEF Flag of Cameroon.svg Timothée Atouba
4 MED España Vicente Gómez
5 DEF España David García Capitán
6 DEF España Ángel López
7 MED España Nauzet Alemán
8 DIA España Tato
9 DIA Flag of Nigeria.svg Macauley Chrisantus
11 MED España Momo
12 DEF España Aythami
13 POR España Raúl Lizoain
14 MED España Hernán
Posto País Xogador
15 DEF España Deivid
17 DIA España Máyor
18 MED España Javi Castellano
20 DEF España Xabi Castillo
21 MED España Juan Carlos Valerón
22 DIA Bulgaria Spas Delev
23 MED España Dani Castellano
26 DEF España Carlos Gutiérrez
30 POR España Alex Martín
MED España Sergio Suárez
MED España Francis Suárez

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amistosos[editar | editar a fonte]

Filiais[editar | editar a fonte]

Las Palmas Atlético[editar | editar a fonte]

Artigo principal: UD Las Palmas Atlético.

Fundado en 1977. Tras o logro conseguido na tempada 2007-08 ascendendo á Segunda B, na temporada 2008-09 descendeu a Terceira División, onde xoga actualmente.

Ata 2010 existiu tamén un segundo filial, o Las Palmas C.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]