Estadio Municipal de Anoeta
| UEFA |
|
| Datos | |
|---|---|
| Localización | San Sebastián, Guipúscoa España |
| Inauguración | 13 de agosto de 1993 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 32.000 |
| Dimensións | 105x70 m |
| Propietario | Concello de San Sebastián |
| Localía | Real Sociedad de Fútbol Biarritz Olympique Pays Basque (ocasional) |
| Eventos | |
| Ningún | |
O Estadio Municipal de Anoeta ubícase en Donostia-San Sebastián, Guipúscoa, País Vasco. Principalmente é utilizado pola Real Sociedad de Fútbol, pero tamén se celebran espectáculos de gran envergadura, como o son concertos ou partidos de rugby, entre outros. Dispón dunha pista de atletismo ao redor do céspede.
Índice |
[editar] Historia
O Estadio de Anoeta foi levantado en reemplazo do Campo de Fútbol Municipal de Atotxa (inaugurado en 1913). Foi inaugurado o 13 de agosto de 1993.
A súa construción foi financiada polo Concello de San Sebastián, a Diputación Foral de Guipúscoa e a Real Sociedad de Fútbol, e é xestionado pola Sociedade Privada Municipal Anoetako Kiroldegia.
Desde 2005 é utilizado ocasionalmente tamén como estadio local polo equipo de rugby vasco-francés Biarritz Olympique para os seus partidos maiores da Heineken Cup (Copa de Europa).
En 2008 desde a chegada de Iñaki Badiola á presidencia do equipo guipuscoano, pretende comprar o estadio que petenecería ao club e suprimir a pista de atletismo.
[editar] Acceso
O Estadio de Anoeta está localizado no barrio de Amase en San Sebastián e a súa dirección é Anoeta Pasealekua, 1 - 20014 San Sebastián.