Leo Beenhakker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeo Beenhakker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Rotterdam, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa, lingua inglesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua portuguesa, lingua castelá e lingua polaca Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- XerxesDZB (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3971579 Editar o valor em Wikidata

Leo Beenhakker, nado en Rotterdam o 2 de agosto de 1942) é un exadestrador de fútbol neerlandés. Nos seus máis de 40 anos de adestrador dirixiu numerosos clubs e seleccións de diferentes países. No seu país natal gañou tres veces a Eredivisie, co Ajax e co Feyenoord, mentres que co Real Madrid conquistou tres ligas españolas consecutivas, así como unha Copa do Rei.

A nivel internacional dirixiu a selección dos Países Baixos e conseguiu clasificar a Trindad e Tobago para o Mundial de 2006 e a Polonia para a Eurocopa de 2008, sendo as primeiras participacións da historia desas seleccións en ditos torneos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras adestrar varios equipos e gañar unha liga neerlandesa co Ajax, colleu en 1985 as rendas da selección dos Países Baixos, ás que dirixiu ata 1986. A continuación fichou polo Real Madrid, club no que obtivo os seus maiores éxitos, gañando tres veces consecutivas o campionato de Primeira División e unha a Copa do Rei. Posteriormente gañou outras dúas veces a Eredivisie, unha co Ajax e outra co Feyenoord.

Pasou tamén por outros moitos clubs de diferentes países como o Grasshoppers, o América, o İstanbulspor, o Guadalajara ou o Vitesse, e polas seleccións de Arabia Saudita, Polonia e Trinidad e Tobago. Dirixiu o combinado neerlandés no Mundial de 1990 en Italia, acadando os oitavos de final, onde o equipo caeu eliminado diante da selección da RFA. Adestrou a Trinidad e Tobago no ano previo ao Mundial de 2006 e logrou a clasificación para o torneo por primeira vez na historia do país. A continuación foi durante tres anos seleccionador de Polonia, conseguindo meter o equipo na primeira Eurocopa da súa historia. O 20 de febreiro de 2008 foi condecorado coa Orde de Polonia Restituta polo presidente do país, Lech Kaczyński. Con todo, foi despedido despois de non se clasificar para o Mundial de 2010.[1]

Nos seus últimos anos no mundo do fútbol exerceu como director deportivo de varios equipos, o último deles o Sparta Rotterdam ata 2018.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ajax
Real Madrid
Feyenoord

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Poland dismiss coach Beenhakker". BBC (en inglés). 10 de setembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]