Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Girona Futbol Club é un club de fútbol español da cidade de Xirona, en Cataluña. Foi fundado en 1930 e actualmente xoga na Segunda División de España.
O equipo xogou 17 tempadas na Segunda División. O seu último ascenso foi na tempada 2007/08, cando subiu á categoría 49 anos despois do seu último descenso. O seu maior logro en Segunda foi proclamarse campión do grupo II en 1936, aínda que non conseguíu o ascenso na promoción.
- Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais vermella e branca, pantalón azul e medias brancas.
- Uniforme suplente: Camiseta a franxas verticais azul e negra, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta laranxa con escapulario branco, pantalón laranxa e medias brancas.
O Xirona xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal de Montilivi, con capacidade para 7.500 espectadores. Esta cifra aumentarase a 9.500 persoas coa reconstrución ao lado este do estadio.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 16
- Tempadas en 2ªB: 13
- Tempadas en 3ª: 44
- Categoría principal: Xogadores do Girona FC.
Cadro actual [editar]
Torneos nacionais [editar]
Torneos amistosos [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]