IFFHS
A Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (en inglés: International Federation of Football History and Statistics), é unha institución creada en 1991 co obxectivo de recompilar, estudar e analizar tódolos datos relacionados coas competicións de fútbol de todo o mundo, tanto históricas como actuais. A sede sitúase en Bonn (Alemaña) e actualmente está presidida por Alfredo W. Pogë.
Esta federación analiza as estatísticas de tódalas competicións futbolísticas, elaborando regularmente diferentes clasificacións a partir de datos obxectivos. Cada mes publica listas de valoración das mellores ligas do mundo, as mellores seleccións nacionais, clubs, xogadores, árbitros, etc.
Segundo a lista da clasificación histórica do ránking mundial de club segundo a IFFHS, o FC Barcelona é considerado o mellor equipo do mundo desde 1991, tendo en conta tanto as competicións internacionais como as estatais dos seis continentes futbolísticos.[1]
| Top 5 (1991–2010) |
||
|---|---|---|
| Posición | Equipo | Puntuación |
| 1 | 807 | |
| 2 | 726 | |
| 3 | 633 | |
| - | 633 | |
| 5 | 620 | |
| Última actualización: 17 de decembro de 2011 | ||
Actualmente o Deportivo da Coruña é o mellor club galego nestas clasificacións, que ocupa o posto número 117 na clasificación mundial de clubs e o posto 28 da clasificación histórica.
Outra das clasificación que publica a IFFHS é a das ligas mais fortes do mundo cada ano, clasificación que en 2011 lideraba a Liga Española:
| Top 5 (2011) |
||
|---|---|---|
| Posición | Liga | Puntuación |
| 1 | 652 | |
| 2 | 534 | |
| 3 | 511 | |
| 4 | 509 | |
| 5 | 443 | |
| Última actualización: 17 de decembro de 2011 | ||