Vila-real
| Vila-real | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Castelló |
| Comarca: | Plana Baixa |
| Xeografía | |
| Altitude: | 42 msnm |
| Superficie: | 55,1 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 50.626 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 918,8 hab./km² |
| Xentilicio: | Vilarrealenco/ca |
| Información | |
| Código postal: | 12540 |
| Alcalde: | Juan José Rubert Nebot (PP) |
| Sitio na web: | Ajuntament de Vila-real |
Vila-real é unha cidade e concello da provincia de Castelló, na Comunidade Valenciana, na comarca da Plana Baixa. O censo de 2008 asignáballe 50.626 habitantes. É a decimocuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de Valencia, só superada por Castelló e Sagunt.
Índice |
Toponimia [editar]
A denominación tradicional desta cidade é Vila-real en valenciano/catalán e Villarreal en castelán. Dende a súa fundación (1274) a verba máis utilizada na documentación era a forma latina "Villae Regalis" ou a valenciana, como se aprecia no lenzo da Sala Nova do Palau de la Generalitat Valenciana (1592), onde o topónimo que acompaña o representante local diante o Reino di "Vilareal", alternando dende a castelanización iniciada no século XVI coa forma "Villarreal" como se pode comprobar na abundante documentación conservada no Arquivo Histérico da cidade e noutras. A partir da segunda metade do século XVIII emprégase de xeito oficial a forma castelá, mentres que a forma valenciana mantense intacta popularmente, pronunciada “Vilarrel”, segundo afirma Sanchis Guarner.
No 1938, despois da Guerra Civil a Corporación Municipal acordou la forma pseudoerudita de Villarreal de los Infantes[1], para distinguila doutros topónimos homónimos como Villarreal de Urrechua ou Villarreal de Huerva. Despois da oficialización bilingüe do topónimo no 1983 durante o goberno da UCD, boa parte da poboación recuperou a forma Vila-real, tanto na forma oral coma, sobre todo, na escrita. En febreiro de 2006, o Concello opta de xeito unánime pola forma oficial exclusivamente en valenciano (Vila-real, BOE do 30 de xaneiro de 2007).
Xeografía [editar]
Situada a 8 km ao sur da capital da provincia. Ten unha elevación de 42 m sobre o nivel do mar, 49.045 habitantes (INE 2007), a grande maioría no núcleo urbano, que ocupa un 10,72% dos 55,4 km² do seu termo municipal. Por cantidade de habitantes, é a segunda poboación da provincia (logo da capital), e a decimocuarta do País Valenciano.
Ocupa unha boa parte da beira dereita da cunca baixa do río Millars, isto é, a parte máis característica da plana, rampla da chaira, entre os últimos outeiros de Onda e Betxí e as terras máis baixas do litoral holocénico de Borriana.
O termo é un plano inclinado cara a levante e as augas son drenadas cara ao mar directamente en sentido NON-SW polo río Millars e os cantís do Hospital, de Ratils e do Espaser; polo sector meridional pasa o río de Sonella, procedente das montañas de Onda e Artana.
O clima caracterízase por medias invernais elevadas (10 °C en xaneiro) e veráns templados. As choivas non exceden xeralmente os 400 mm anuais. A vexetación é a propia do dominio Querco-Lentiscetum (màquia de carrasca e margalló), con restos de piñeiras practicamente desaparecidas.
Accédese a esta poboación, dende Castelló de la Plana, a través da N-340.
Núcleos [editar]
O termo municipal de Vila-real está formado polas seguintes zonas rurais:
- Carinyena.
- Pinella.
- Solades.
- Madrigal.
- Pla Redó.
Localidades limítrofes [editar]
Vila-real limita coas localidades de Almassora, Onda, Betxí, Nules, Les Alqueries e Borriana, todas elas da provincia de Castelló.
Demografía [editar]
Vila-real conta con 50.626 habitantes (INE 2008).
Nos últimos años creceu demográficamente en parte debido á inmigración; un 12,90% da súa poboación era inmigrante segundo o censo de 2007.
| Evolución demográfica de Vila-real | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991¹ | 1996 | 2001 | 2006 | 2007 | ||||
| 10.208 | 13.750 | 16.068 | 17.554 | 16.770 | 18.982 | 20.025 | 20.703 | 24.516 | 33.218 | 38.385 | 37.660 | 39.550 | 42.442 | 48.055 | 49.045 | ||||
1 Entre o censo de 1991 e o anterior, mingua a poboación porque se independizan Les alqueires (3.625 hab. en 1991).
Economía [editar]
Dende a súa fundación até a primeira metade do século XX, o municipio baseou todo o seu potencial económico nunha agricultura mixta de secan extensivo e de horta intensiva. A laranxeira transformou, directa e indirectamente, os alicerces da idiosincrasia da cidade. En función do seu interese, entre 1880-1960 convertéronse 3.500 Ha. de secan a regadío, desenvolveuse unha incipiente e apreciable industria de transformación de críticos. Con todo, a política de fomento da vivenda e do turismo que caracterizan os anos 60 do pasado século determinou que se optase por investir nunha industria tradicional da comarca: a azulexeira. De aí, que a industria do azulexo e revestimento cerámico sexa o principal motor económico da cidade na actualidade.
Os pavimentos e revestimentos foron conformando un ciclo produtivo, pechado e integrado na cidade, que a converteu no centro azulexeiro máis importante de España e nun dos punteiros de Europa. Hoxe a vida económica da cidade, sen dúbida, aínda que non dun xeito exclusivo, móvese a partir do motor da cerámica que impulsa ao resto de sectores produtivos e institucionais. Esta especialización azulexeira, reflectida no feito de que a poboación activa do sector secundario sexa a maioritaria, non foi inconveniente para que o propio sector cerámico e outros continúen apostando por investimentos e modernizacións en citricultura.
Deportes [editar]
O Villarreal Club de Fútbol, xoga no estadio de El Madrigal.
O trinquet municipal leva o nome de Trinquet Salvador Sagols en homenaxe ao pilotari Salvador Sagols Gavarri. Outro destacado xogador de pelota valenciana foi Mezquita (José Jorge Mezquita García).
Ligazóns externas [editar]
- Vila-real.com
- Web Oficial do Concello
- Vila-real no Rexistro de Entidades Locais da Generalitat Valenciana
- "Vilapèdia" enciclopedia dixital sobre a cidade
- Instituto Valenciano de Estatística
- Web Oficial del "Villarreal Club de Futbol"
- Web Oficial del "Esportiu Bàsquet Vila-real"
- Web Oficial del "Vila-real Bàsquet Club"