Sociedade anónima deportiva
Unha sociedade anónima deportiva é un tipo especial de sociedade anónima en España, creada coa Lei 10/1990 do 15 de outubro e desenvolvida co Real Decreto 1251/1999 do 16 de xullo.
Necesidade da lexislación específica [editar]
A Lei 10/1990, do 15 de outubro do deporte, co seu preámbulo, comenta sobre a necesidade de crear esta nova figura societaria o seguinte:
Con esta nova figura societaria, o lexislador quere mellorar a transparencia económica e xurídica das empresas que operan no mundo do deporte profesional en España, e abrir a posibilidade de que estas sociedades coticen en bolsa tal como fano diferentes sociedades futbolísticas italianas.
Ata a actualidade ningunha sociedade anónima deportiva saíra a bolsa, en parte debido a que os clubs deportivos que máis ingresos obteñen, o Real Madrid Club de Fútbol e o Futbol Club Barcelona, seguen sendo asociacións deportivas non mercantís.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo, sobre sociedades anonimas deportivas.
- Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte.