Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 1930/31 da Primeira división española foi a terceira edición do torneo. Celebrouse entre o 7 de decembro de 1930 e o 5 de abril de 1931.
O Athletic de Bilbao revalidou o título conseguido a tempada anterior e converteuse no primeiro club en encadear dúas ligas consecutivas. Tamén por primeira vez na historia do torneo o título se decidiu por goal average, ao rexistrarse un triplo empate na primeira posición.
Tomaron parte na competición dez clubs. Por primeira vez desde a súa fundación, a Primeira División española acolleu a un debutante: o CD Alavés, que se converteu no primeiro equipo en lograr ascender á máxima categoría. Ningún equipo galego disputou a categoría.
Clasificación final [editar]
| Pos |
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
DG |
GA |
Ptos |
| 1 |
Athletic Club de Bilbao |
18 |
11 |
0 |
7 |
73 |
33 |
40 |
2,2 |
22 |
| 2 |
Real Santander RC |
18 |
10 |
2 |
6 |
49 |
37 |
12 |
1,3 |
22 |
| 3 |
Real Sociedad |
18 |
10 |
2 |
6 |
42 |
39 |
3 |
1,0 |
22 |
| 4 |
FC Barcelona |
18 |
7 |
7 |
4 |
40 |
43 |
-3 |
0,9 |
21 |
| 5 |
Arenas Club de Getxo |
18 |
8 |
2 |
8 |
35 |
38 |
-3 |
0,9 |
18 |
| 6 |
Real Madrid |
18 |
7 |
4 |
7 |
24 |
27 |
-3 |
0,8 |
18 |
| 7 |
Real Unión Club |
18 |
6 |
4 |
8 |
41 |
45 |
-4 |
0,9 |
16 |
| 8 |
CD Alavés |
18 |
5 |
4 |
9 |
25 |
39 |
-14 |
0,6 |
14 |
| 9 |
RCD Español |
18 |
6 |
2 |
10 |
32 |
45 |
-13 |
0,7 |
14 |
| 10 |
CD Europa |
18 |
6 |
1 |
11 |
23 |
38 |
-15 |
0,6 |
13 |
Ascenso a Primeira División [editar]
O Valencia FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División.
Resultados [editar]
Premios individuais [editar]
Máximos goleadores [editar]
Bata estableceu a marca de goles marcados por un futbolista nun partido de Primeira División, grazas aos sete tantos que lle fixo ao
FC Barcelona.
Con 27 goles -29 segundo algunhas fontes- en 17 partidos, Agustín Sauto, 'Bata' estableceu unha nova marca goleadora na Primeira División, que se mantivo vixente durante unha década. O refacho goleador do dianteiro vasco tivo o seu punto álxido no histórico 12-1 do Athletic Club ao FC Barcelona, partido no que marcou sete goles, unha marca que aínda segue vixente e que só Ladislao Kubala puido igualar anos máis tarde.
Porteiro menos goleado [editar]
- ↑ A LFP e o Diario Marca conceden a Bata 27 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 29 tantos.
- ↑ A LFP concede a Gorostiza 17 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 15 tantos.
- ↑ A LFP concede a Urtizberea 15 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 13 tantos.
- ↑ A LFP concede a Cholín 13 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 11 tantos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]