Ronaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronaldo
Ronaldo en 2013.
Información persoal
Nome Ronaldo Luís Nazário de Lima
Nacemento 18 de setembro de 1976 (47 anos)
Lugar de nacemento Itaguaí
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993–1994 Cruzeiro 14 (12)
1994–1996 PSV 46 (42)
1996–1997 Barcelona 37 (34)
1997–2002 Internazionale 68 (47)
2002–2007 Real Madrid 127 (83)
2007–2008 Milan 20 (9)
2009–2011 Corinthians 31 (18)
Total 343 (247)
Selección nacional
1993 Brasil sub-17 7 (5)
1996 Brasil sub-23 8 (6)
1994–2006, 2011 Brasil 98 (62)
Na rede
http://www.ronaldo.com/
IMDB: nm1046596 Facebook: ronaldonlr9 Twitter: Ronaldo FIFA: 92699 UEFA: 25879 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Ronaldo Luís Nazário de Lima, coñecido como Ronaldo, nado o 22 de setembro de 1976 no Río de Xaneiro, é un exfutbolista brasileiro tamén con nacionalidade española. Xogaba de dianteiro e está considerado como un dos xogadores de fútbol máis coñecidos a nivel mundial e xogou nalgúns dos equipos europeos máis prestixiosos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou no fútbol de primeira categoría co club brasileiro Cruzeiro á idade de 17 anos, logo de impresionar polas súas grandes habilidades futbolísticas e a súa excelente achega goleadora, xa que con tan só 16 anos xa marcara 59 goles en 57 partidos coa selección brasileira sub-17. Consegue unha copa Minerao e unha liga brasileira.

Eclosión do fenómeno en Europa: PSV e FC Barcelona[editar | editar a fonte]

É fichado polo primeiro equipo europeo da súa carreira, o PSV Eindhoven neerlandés, na tempada 1994-1995.

Tras converterse no máximo goleador da liga neerlandesa, gañar a Copa de Holanda e ser o grande ausente da final na recopa 1996 fronte ó Fútbol Club Barcelona, é contratado por este club da liga española, na tempada 1996-1997, logrando o Premio Bravo e o seu primeiro Fifa World Player.

Co Barcelona logra 34 goles en 37 partidos. Tras obter o premio ó mellor xogador do mundo co Barcelona, lograr o premio FIFA ó mellor xogador dous anos consecutivos, ademais da Copa do Rei, a Recopa, a Supercopa de España e queda subcampión dunha liga onde o Barcelona marcou 110 goles, recórd absoluto de tantos a favor durante unha Liga.

Tras problemas co contrato, o presidente do Fútbol Club Barcelona non quere cumprir o que lle dixo con anterioridade e o xogador decide emigrar a Italia.

Un lustro de neroazzurro: empeza o calvario[editar | editar a fonte]

Asinou un contrato co Inter de Milán realizando un ano tan sobresaliente como o anterior, recibindo alí os galardóns pola súa actuación anterior en Barcelona.

Quedou subcampión de novo no Calcio, nunha liga moi dura na que é elixido o mellor xogador. A Juventus alzouse co título tras actuacións dubidosas dos árbitros en moitos dos seus encontros. E o alemán Oliver Bierhoff arrebátalle o título de máximo goleador na última xornada na que marca 4 goles cos que adianta ó astro brasileiro. Pero este mesmo ano o Inter álzase coa Copa da UEFA. Ronaldo é elixido o mellor xogador e realiza varias actuacións estelares.

Nestes anos Ronaldo conseguiu moitos triunfos colectivos, formando parte do conxunto que gañou o mundial de 1994 (Brasil), e sobre todo individuais. Estes logros situábano á temperá idade de 22 anos coma un dos mellores xogadores da historia.

Ese mesmo ano participou no mundial de 1998, no que cumpre coas expectativas ata o partido da final, onde unha estraña depresión días antes fixo que no partido decisivo non fose nin a sombra do que se prevía. A pesar diso, é elixido o mellor xogador do Mundial 1998, por diante de Zidane, que chegara máis fresco á final tras estar varios partidos de sanción. Nas seguintes campañas co Inter, iniciou un período de crise na súa carreira, con moitos altibaixos por culpa das lesións no xeonllo que arrastra desde a súa aparición nos Países Baixos co PSV Eindhoven.

Na Liga de Campións da UEFA 1998/99, Ronaldo é elixido o mellor xogador.

En abril de 2000, Ronaldo saía dunha lesión que o mantivo sen xogar durante varios meses, na final de copa fronte ó Lazio. Ós poucos minutos de saír, ó facer un caneo, o seu xeonllo falla, e enfróntase á lesión máis dura da súa vida. Tras isto, a volta de Ronaldo algún día ós terreos de xogo ponse en dúbida. É operado en París do tendón rotuliano. Ronaldo loita duramente durante 20 meses para volve a xogar ó fútbol. A finais do ano 2001, reapareceu no Calcio e marcou.

No último partido fronte ó Lazio, o Inter con Ronaldo xogábase a primeira posición. Héctor Cúper decide prescindir de Ronaldo a inicios da segunda parte e o Inter perde.

Pouco despois participaría na Copa do Mundo mundial de Corea e o Xapón formando parte do combinado brasileiro a pesar de non disputar ningún partido da clasificación ó mundial. Ronaldo con 8 tantos, é o máximo goleador e fai que o Brasil gañe o seu 5º mundial con 2 goles na final fronte a Alemaña. Tamén foi decisivo o seu gol ante Turquía 1-0.

5 anos no Real Madrid e volta a San Siro: AC Milan[editar | editar a fonte]

Ronaldo demostra que sen chegar a ser o que era, segue convertendo en ouro o que toca. Nese mesmo ano volveu gañar o premio FIFA ó mellor xogador e acto seguido ó final do mundial foi traspasado ó Real Madrid. A súa mala relación co adestrador do Inter de Milán, Héctor Cúper, foi o motivo do seu adeus. Unha situación similar con Fabio Capello, adestrador do Real Madrid, acabou co traspaso do xogador no mercado de inverno de principios do 2007 ó AC Milan.

Unha vez en Italia, en rolda de prensa expresou que estaba triste por ter que abandonar Madrid, ademais de dar as grazas a todos os técnicos que tivera ó longo da súa estancia excepto a Capello.

Forma parte da FIFA 100, a lista dos mellores xogadores vivos, foi dúas veces campión do mundo xogando para a selección do seu país, gañou o Balón de Ouro en 1997 e 2002 e ten tres premios FIFA ó mellor xogador do mundo, logrados en 1996, 1997 e 2002, sendo un dos dous xogadores que máis veces o gañou.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

No relacionado coa súa vida persoal, casou en abril de 1999 con Milene Domingues. Este matrimonio durou 4 anos e acabou en divorcio. A parella tivo un fillo chamado Ronald en 2000.

Tras esta relación, Ronaldo casou coa modelo brasileira Daniela Cicarelli, celebrándoo ó grande nun luxoso castelo francés. Esta relación durou só 3 meses e o divorcio produciuse pouco despois dun aborto involuntario de Cicarelli.

Mantivo tamén unha relación coa modelo brasileira Raica Oliveira, que durou ata os últimos días de agosto de 2006.

Na actualidade a súa parella é unha modelo brasileira, moi parecida fisicamente á súa exmuller Milene Domingues, e que conseguiu que se puxese en forma tralos comentarios a este respecto que se repetían nos últimos anos.

En abril de 2007, apareceu na popular serie estadounidense The Simpsons: durante un partido de fútbol feminino no que participa Lisa e Homer el é o árbitro.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol do Brasil.

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Selección Resultado Goles Partidos
Mundial de 1994 Brasil Campión 0 3
Mundial de 1998 Brasil Final 4 7
Mundial de 2002 Brasil Campión 8 7
Mundial de 2006 Brasil 1/4 de final 3 5

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Tempada Liga Copa Europa Total
Part. Goles Asis Part. Goles Part. Goles Part. Goles
PSV Eindhoven

Países Baixos

1994/95 13 12 ? 2 2 5 6 20 20
1995/96 32 30 ? 2 2 2 3 36 35
Total 45 42 ? 4 4 7 9 56 55
FC Barcelona

España

1996/97 37 34 ? 5 8 7 5 49 47
Total 37 34 ? 5 8 7 5 49 47
Inter de Milán

Italia

1997/98 32 25 ? 4 3 11 6 47 34
1998/99 19 14 ? - - 6 1 25 15
1999/00 7 3 ? - - - - 7 3
2000/01 - - - - - - - - -
2001/02 10 7 ? - - 5 0 15 7
Total 68 49 ? 4 3 22 7 94 59
Real Madrid

España

2002/03 31 23 ? 1 0 11 6 43 29
2003/04 32 24 ? 5 2 9 4 46 30
2004/05 34 21 ? 1 0 10 3 45 24
2005/06 23 14 2 2 1 2 0 27 15
2006/07 7 1 ? 2 1 4 2 13 4
Total 127 83 ? 11 4 36 15 174 102
AC Milan

Italia

2006/07 11 7 4 - - - - 11 7
Total na súa carreira 284 215 ? 24 19 72 36 384 265

Media de Gol:8.6901

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campionato Mineiro Cruzeiro Brasil 1994
Copa dos Países Baixos PSV Eindhoven Países Baixos 1996
Supercopa de España FC Barcelona España 1996
Copa do Rei FC Barcelona España 1997
Liga Española Real Madrid España 2003
Supercopa de España Real Madrid España 2003

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo (*) País Ano
Copa Mundial de Fútbol Brasil Brasil 1994
Recopa de Europa FC Barcelona España 1997
Copa América Brasil Brasil 1997
Copa Confederacións Brasil Brasil 1997
Copa da UEFA Inter de Milán Italia 1998
Copa América Brasil Brasil 1999
Copa Mundial de Fútbol Brasil Brasil 2002
Copa Intercontinental Real Madrid España 2002

(*) Incluíndo a Selección Brasileira de Fútbol

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Máximo goleador da Eredivisie 1996
Trofeo Pichichi ó máximo goleador da liga Española 1997
Bota de Ouro 1997
Balón de Ouro 1997
Trofeo Bravo 1997
Onze de Ouro 1997
FIFA World Player 1996
FIFA World Player 1997
Trofeo Bravo 1998
Balón de Bronce 1998
Máximo Goleador da Copa da UEFA 1998
Mellor estranxeiro da Liga Calcio 1998
Mellor Xogador da Liga Calcio 1998
Balón de Ouro do Mundial 1998
Prata no FIFA World Player 2000
Botín de Ouro ó máximo goleador do Mundial 2002
Balón de Ouro 2002
Onze de Ouro 2002
Bronce no FIFA World Player 2003
Trofeo Pichichi ó máximo goleador da liga Española 2004
Incluído na lista FIFA 100 dos mellores xogadores vivos da historia. 2004
Máximo goleador das eliminatorias ó mundial de Alemaña 2006

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
George Weah
 Xogador Mundial da FIFA 
1996, 1997
Sucesor:
Zinedine Zidane
Predecesor:
Matthias Sammer
 Balón de Ouro 
1997
Sucesor:
Zinedine Zidane
Predecesor:
Romário
 Balón de Ouro da Copa Mundial da FIFA 
1998
Sucesor:
Oliver Kahn
Predecesor:
Luís Figo
 Xogador Mundial da FIFA 
2002
Sucesor:
Zinedine Zidane
Predecesor:
Michael Owen
 Balón de Ouro 
2002
Sucesor:
Pavel Nedved
Predecesor:
Davor Suker
 Bota de Ouro da Copa Mundial da FIFA 
2002
Sucesor:
Miroslav Klose