Deusto
Deusto (en éuscaro: Deustu) é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Ten 52.218 habitantes e unha superficie de 4,95 km², aínda que os seus barrios só ocupan 3,19 km², sendo o terreo restante a ladeira do monte Archanda.
Divídese nos barrios de Arangoiti, Ibarrecolanda, San Ignacio-Elorrieta e San Pedro de Deusto-La Ribera. A anteiglesia de San Pedro de Deusto foi municipio independente ata o 1 de xaneiro de 1925, día no que a capital biscaíña anexionouse a súa superficie para continuar coa expansión da vila.
O distrito é coñecido rexionalmente como unha zona de ambiente estudantil, ao ser sede da Escola de Maxisterio e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade do País Vasco, da Escola Oficial de Idiomas e, especialmente, da Universidade de Deusto.
Barrios [editar]
Divídise en catro barrios:
- Arangoiti
- Ibarrecolanda
- San Ignacio-Elorrieta (en éuscaro: San Inazio-Elorrieta)
- San Pedro de Deusto-La Ribera (en éuscaro: Deustu Doneperiaga-Deustuibarra)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Concello de Bilbao Páxina de noticias sobre o distrito. (en castelán)
- Universidade de Deusto (en castelán)
Coordenadas: 43°16′20″N 2°56′45″W / 43.27222°N 2.94583°W
|
|||||||