Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Cádiz Club de Fútbol é un equipo de fútbol español da cidade de Cádiz, Andalucía. Actualmente compite na Segunda División B.
Fundouse en 1910 por José Rivera y Lora. Compite por primeira vez no Campionato Nacional de Liga de Segunda División na tempada 1935-36, baixo a denominación de Mirandilla F.C. En xuño de 1936, cambia a súa denominación pola de Cádiz F.C., nome máis representativo da cidade.
Foi campión de Liga en todas as categorías nas que participou, excepto na Primeira División. O seu maior logro na Copa do Rei foi na tempada 1989-90 cando alcanzou as semifinais. En sete ocasións conseguiu o Trofeo Ramón de Carranza, o seu histórico torneo de verán.
O estadio Ramón de Carranza é o actual estadio do Cádiz. Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e ao final foi inaugurado o día 2 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0-4 favorable ao equipo catalán. Actualmente está en proceso de iniciarse a terceira fase da súa remodelación, a primeira fase concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna prevé finalizarse en 2010, ano no que o Cádiz CF celebra o seu centenario. Actualmente o propietario do estadio non é o equipo de fútbol senón o Concello.
[editar] Datos do club
- Tempadas en 1ª: 12
- Tempadas en 2ª: 36
- Mellor posto en 2ª: 1º (1939-40 e 2004-05)
- Peor posto en 2ª: 20º (1993-94 e 2007-08)
- Tempadas en 2ª B: 10
- Mellor posto en 2ª B: 1º (2000-01 e 2008-09)
- Peor posto en 2ª B: 12º (1999-00)
- Tempadas en 3ª: 12
- Mellor posto en 3ª: 1º (1954-55 e 1969-70)
- Peor posto en 3ª: 10º (1943-44)
- Categoría principal: Xogadores da Cádiz CF.
[editar] Cadro 2009/10
[editar] Ligazóns externas