Athletic Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Athletic Club de Bilbao")
Athletic Club
Nome Athletic Club
Alcume(s) Os leóns
Fundación 1898
Estadio San Mamés,
Bilbao Flag of the Basque Country.svg
Inauguración 21 de agosto de 1913
Capacidade 39.750
Propietario
Presidente Flag of the Basque Country.svg Josu Urrutia
Adestrador Flag of Argentina.svg Marcelo Bielsa
Liga Primeira División
2011–12 10º
Vestimenta Umbro
Patrocinador Petronor
Web oficial
Na casa


Fóra


O Athletic Club, coñecido habitualmente fóra de Euskadi como Athletic de Bilbao, é un club de fútbol da cidade de Bilbao que porta unha vestimenta de raias vermellas e brancas. O seu estadio é San Mamés, lugar tamén alcumado A Catedral. Os seus xogadores alcúmanse os leóns.

Unha das particularidades máis representativas do club vasco, é a súa tradición de xogar unicamente con xogadores nados ou formados futboltsticamente no País Vasco, a cal mantivo case desde os seus inicios. Tamén é recoñecido historicamente, por ser un club de canteira e traballar na formación de novos futbolistas, sendo esta a principal fonte de abastecemento do primeiro equipo.[1]

Fundouse no ano 1898 e polo tanto é un dos equipos máis antigos de España. Os seus primeiros partidos xogáronse en Getxo. É, xunto co Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, o único equipo que participou en todas as edicións da liga española e sempre en Primeira División.

Proclamouse campión da liga española en 8 ocasións, sendo o cuarto club en España con máis estandartes nesta competición. Actualmente, ocupa o cuarto lugar na clasificación histórica da Primeira División, habendo sido terceiro ata a tempada 2009/10, momento no cal foi superado polo Valencia CF. Tamén ostenta a marca de maior goleada na historia da liga, ao vencer ao FC Barcelona por 12-1 na tempada 1929/30.

A nivel continental, os maiores logros do club vasco foron dous subcampionatos da Copa da UEFA/Europa League, na tempada 1976/77 tras caer na final ante a Juventus FC e na tempada 2011/12 contra o Atlético de Madrid. A maior goleada do Athletic en competición continental foi un 1-7 ao Standard de Liège, na tempada 2004/05.

Índice

[editar] Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta a raias vermellas e brancas, pantalón negro con detalles vermellos e medias negras cunha franxa branquivermella.
  • Uniforme visitante: Camiseta branca e azul, pantalón branco con detalles azuis nos laterais e medias brancas con finas raias azuis.
  • Terceira equipamento: Camiseta negra, pantalón negro con detalles vermellos e medias vermellas.
Evolución histórica[2]
1903 1910 1913 1950 1970 1982 1996 2004 2009
Athletic kit1903.png Athletic kit1910.png Athletic kit1913.png Athletic kit1950.png Athletic kit1975.png Athletic kit1980.png Athletic kit1990s.png Athletic kit2000s.png Athletic kit2010.png

[editar] Instalacións

[editar] Estadio de San Mamés

O estadio durante un partido da Europa League.
Artigo principal: Estadio de San Mamés.

O Athletic disputa os seus partidos nun dos estadios máis antigos de España, o Estadio de San Mamés, tamén coñecido como "A Catedral". O estadio foi inaugurado o 21 de agosto de 1913. Desde entón, foi ampliado e reestruturado en varias ocasións, a última en 1982. En 1997, debido á normativa da UEFA que esixía suprimir as localidades de pé, o aforamento reduciuse de 45.000 a 39.670. É o único estadio de España que acolleu todas as edicións da Liga de Fútbol Profesional. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 103 x 68 metros.

[editar] Futuro estadio

Artigo principal: San Mamés Barria.

O 26 de xuño de 2010 deu comezo a construción dun novo estadio nas inmediacións do actual, no mesmo lugar que ocupaba a antiga feira de mostras de Bilbao. O novo estadio terá 55.500 localidades de aforamento e segundo o club, cumprirá cos requisitos necesarios para obter o rango de Categoría 4, que é o máximo outorgado pola UEFA. Segundo as datas facilitadas polo club, a inauguración do estadio tería lugar no ano 2013, coincidindo así co centenario do antigo estadio, que será derrubado nesas datas. O Athletic comezará a xogar no novo estadio para a tempada 2013/14, a falta da construción dun dos fondos, que se concluirá un ano máis tarde.[3]

[editar] Lezama

As instalacións de Lezama son o complexo deportivo onde adestran todas as categorías do Athletic, e foron inauguradas no ano 1971. As instalacións inclúen, entre outras cousas, catro campos de herba natural (un deles cunha tribuna para 1.500 espectadores) e con dous campos de herba artificial (actualmente esta proxectada a construción de 2 campos máis). Todos os campos contan con medidas regulamentarias. Ademais hai un pavillón con chan de herba artificial, un ximnasio, un frontón, un centro médico e unha residencia para xogadores.[4]

[editar] Datos do club

Traxectoria do Athletic en Primeira

[editar] Últimas tempadas

Tempada Categoría Posición Copa do Rei Liga de Campións UEFA/Europa League
1989/90 12º 1/8
1990/91 12º 1/16
1991/92 14º 1/4
1992/93 1/32
1993/94 1/32 1/16
1994/95 1/4 1/8
1995/96 15º 1/8
1996/97 1/8
1997/98 1/4 1/16
1998/99 1/8 1/8
1999/00 11º 1/16
2000/01 13º 1/8
Tempada Categoría Posición Copa do Rei Liga de Campións UEFA/Europa League
2001/02 Semifinal
2002/03 1/16
2003/04 1/32
2004/05 Semifinal 1/16
2005/06 12º 1/8
2006/07 17º 1/16
2007/08 11º 1/4
2008/09 13º Subcampión
2009/10 1/32 1/32
2010/11 1/16
2011/12 10º Final Subcampión


[editar] Xogadores

[editar] Cadro 2011/12

  • Actualizado a 11 de decembro de 2011.
Posto País Xogador
1 POR Flag of the Basque Country.svg Gorka Iraizoz
2 DIA Flag of the Basque Country.svg Toquero
3 DEF Flag of the Basque Country.svg Aurtenetxe
5 DEF Flag of Venezuela.svg Amorebieta
6 DEF Flag of the Basque Country.svg San José
7 MED Flag of the Basque Country.svg David López
8 MED Flag of the Basque Country.svg Ander Iturraspe
9 DIA Flag of the Basque Country.svg Fernando Llorente Capitán
10 DIA Flag of the Basque Country.svg Óscar de Marcos
11 MED Flag of the Basque Country.svg Gabilondo
12 DEF Flag of the Basque Country.svg Koikili
13 POR Flag of the Basque Country.svg Raúl Fernández
14 MED Flag of the Basque Country.svg Susaeta
15 DEF Flag of the Basque Country.svg Iraola Capitán
16 DEF Flag of the Basque Country.svg Iban Zubiaurre
17 MED Flag of the Basque Country.svg Iñigo Pérez
Posto País Xogador
18 MED Flag of the Basque Country.svg Carlos Gurpegui Capitán
19 DIA Flag of the Basque Country.svg Iker Muniain
20 DEF Flag of the Basque Country.svg Aitor Ocio
21 MED Flag of the Basque Country.svg Ander Herrera
22 DEF Flag of the Basque Country.svg Xabi Castillo
23 DEF Flag of the Basque Country.svg Borja Ekiza
24 MED Flag of the Basque Country.svg Javi Martínez
26 MED Flag of the Basque Country.svg Igor Martínez
27 DIA Flag of the Basque Country.svg Guillermo Fernández
28 DIA Flag of the Basque Country.svg Ibai Gómez
29 DEF Flag of the Basque Country.svg Enric Saborit
30 POR Flag of the Basque Country.svg Aitor Fernández
31 DEF Flag of the Basque Country.svg Jonás Ramalho
32 MED Flag of the Basque Country.svg Ruiz de Galarreta
33 POR Flag of the Basque Country.svg Kepa Arrizabalaga
34 MED Flag of the Basque Country.svg Aitor Seguín
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Bilbao Athletic e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

[editar] Palmarés

[editar] Torneos rexionais

  • Campionato Rexional de Biscaia (17): 1913-14, 1914-15, 1915-16, 1919-20, 1920-21, 1922-23, 1923-24, 1924-25, 1925-26, 1927-28, 1928-29, 1930-31, 1931-32, 1932-33, 1933-34, 1938-39, 1939-40.
  • Copa Vasca (1): 1934-35.

[editar] Torneos nacionais

[editar] Torneos internacionais

[editar] Equipos filiais

O Bilbao Athletic e o Club Deportivo Baskonia son os dous equipos filiais do club, o primeiro foi fundado en 1964 e xoga no Grupo II da Segunda División B de España. Doutra banda, o Baskonia fundouse como club independente en 1913 e, desde 1997, exerce como o segundo filial do club. Actualmente milita no o Grupo IV da Terceira División Española.

[editar] Outras seccións

O equipo feminino durante a celebración dun título ligueiro.

[editar] Fútbol feminino

O Athletic Club Emakumeen Futbol Taldea é a sección feminina do club. Xorde coa unión co Leioa EFT en 2002. Actualmente xoga na Superliga Española. Gañou catro ligas, converténdose nun dos equipos da categoría con máis galardóns.[5]

[editar] Fútbol indoor

O Athletic conta cun equipo de fútbol indoor, que xoga no Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor composta na súa maioría por xogadores que pertenceron no seu día ao primeiro equipo tales como Oscar Vales, Julen Guerrero, Joseba Etxeberria ou Imanol Etxeberria.

[editar] Notas

  1. Con canteira e afección.... El Correo. Consultado o 4 de xuño de 2009.
  2. , Alfonso Carlos (1998), «1» Athletic Club Crónicas de una leyenda.
  3. Macua confía en que o novo San Mamés sexa inaugurado en 2013.. Marca. Consultado o 21 de setembro de 2009.
  4. Instalacións Athletic Club en Lezama. Athletic Club. Consultado o 31 de agosto de 2009.
  5. Historia do Athletic Club Feminino. Athletic Club. Consultado o 9 de marzo de 2009.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas