Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 1987/88 da Primeira división española de fútbol, que foi a 57ª edición do campionato, comezou o 29 de agosto de 1987 e rematou o 22 de maio de 1988.
O Real Madrid proclamouse campión por terceiro ano consecutivo e, polo tanto, obtivo o trofeo en propiedade, por quinta vez na súa historia.
Participantes [editar]
Nesta tempada ampliouse o número de participante até 20. O Club Deportivo Logroñés debutou na Primeira División.
Clasificación final [editar]
Hugo Sánchez igualou a marca establecida por Alfredo di Stéfano ao gañar por cuarto ano consecutivo o Trofeo Pichichi do Diario Marca ao máximo goleador da Liga.
O Real Madrid foi o gran dominador do torneo e, ademais do título, levou os premios individuais: Hugo Sánchez máximo goleador e Paco Buyo porteiro menos goleado. No seu segundo ano como madridista, o gardameta de Betanzos gañou o primeiro Trofeo Zamora da súa carreira.
Para optar a este premio do Diario Marca foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.
| # |
Xogador |
Equipo |
Goles |
Partidos |
Promedio |
| 1º |
Francisco Buyo |
Real Madrid |
23 |
36 |
0,65 |
| 2º |
Carlos Fenoy |
Real Valladolid |
25 |
32 |
0,78 |
| 3º |
Luis Miguel Arconada |
Real Sociedad |
33 |
38 |
0,86 |
| 4º |
Abel Resino |
Atlético de Madrid |
30 |
32 |
0,93 |
| 5º |
Ezaki Badou |
Mallorca |
31 |
32 |
0,96 |
| 6º |
Roberto Santamaría |
Osasuna |
32 |
32 |
1,00 |
| 7º |
Javier Maté |
Celta de Vigo |
40 |
37 |
1,08 |
| 8º |
Amador Lorenzo |
Real Murcia |
35 |
32 |
1,09 |
| 9º |
Juan Carlos Ablanedo |
Sporting de Gijón |
31 |
28 |
1,10 |
| 10º |
Vicente Biurrun |
Athletic Club |
42 |
36 |
1,16 |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]