Jean-Marc Bosman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Caso Bosman»)
Jean-Marc Bosman
Información persoal
Nacemento 30 de outubro de 1964
Lugar de nacemento Liexa
Altura 172 centímetros
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Jean-Marc Bosman, nado o 30 de outubro de 1964, é un futbolista belga retirado, que xogaba como mediocampista ofensivo. Entre 1983 e 1988 defendeu as cores do Standard de Liège, asinando despois co RFC Liège, equipo no que xogou até 1990. Cando Bosman quixo asinar polo US Dunkerque, o RFC Liège quixo impoñer un pago por parte do equipo francés, polo cal o xogador levou o caso ós xulgados.

Caso Bosman[editar | editar a fonte]

A defensa de Jean-Marc Bosman formulou que interpretando os artigos 48, 85 e 86 do Tratado de Roma do 25 de marzo de 1957, prohíbese que as asociacións ou federacións deportivas nacionais e internacionais poidan establecer nos seus regulamentos algunhas disposicións que limiten o acceso dos xogadores profesionais estranxeiros (pero cidadáns da Comunidade Europea) ás competicións que organizan, e tamén que os clubs de fútbol poidan esixir e percibir o pago dunha cantidade de diñeiro pola contratación dun dos seus xogadores por parte dun novo club unha vez rematado o seu contrato.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea con sede en Luxemburgo e con data de 15 de decembro de 1995, ditou unha sentenza na cal declarou ilegais as indemnizacións por traspaso, e as cotas de estranxeiros de xogadores nacionais de estados membros da Unión Europea.

Vida posterior[editar | editar a fonte]

Bosman xogou no CS Saint-Denis francés unha tempada antes de retirarse do fútbol en 1991. 9 anos despois do comezo do xuízo, recibiu uns 780.000 euros como indemnización. En 2011 publicouse que Bosman actualmente é alcohólico e vive na miseria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]