Gol Televisión
| Gol Televisión | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 19 de setembro de 2008 14 de agosto de 2009 (En operadores de pago) |
| Propiedade de | Mediapro |
| Formato da imaxe | 16:9 |
| Slogan | Saca tu fútbol Sin gol no hay fútbol |
| País | |
| Lingua | Castelán |
| Área de emisión | |
| Sede central | Barcelona |
| Nome(s) anterior(es) | Hogar 10 |
| Canal/is irmán(s) | laSexta laSexta2 laSexta3 laSexta HD |
| Páxina web | goltelevision.com |
| Dispoñibilidade | |
| Terrestre | |
| TDT | España: 67 |
| Satélite | |
| Andalusat | Dial: 36 |
| Cable | |
| Euskaltel | Dial: 28 |
| Telecable | Dial: 43 |
| ONO | Dial: 68 |
| R | Dial: 44 |
| IPTV | |
| Imagenio | Dial: 99 |
| Orange TV | Dial: 49 |
Gol Televisión é unha canle de televisión española privada de pago, propiedade de Mediapro. É a primeira canle de televisión privada española de pago.
As transmisións son exclusivamente de fútbol español ou internacional, se ben emitiu eventos especiais como o Eurobasket 2009.
Para evitar equívocos coa canle de Estados Unidos e Latinoamérica GolTV, cambiaron a mosca a GolT. O equipo humano da canle intégrano máis de 200 persoas, con José Joaquín Brotons á cabeza, como responsable de contidos.
Gol Televisión distribúese a través da TDT, nunha das canles de Gestora de Inversiones Audiovisuales La Sexta, así como nos operadores de cable ONO, Telecable, Euskaltel, R, Aotec, Iseca e Orange TV, na plataforma de IPTV Imagenio, e nas compañías de Telefonía móbil MoviStar, Vodafone e Orange.
Ademais deste sinal, algunhas plataformas dispoñen doutros sinais da canle. Un deles, en alta definición, Gol Televisión HD dispoñible en Imagenio e Telecable; outra cun sinal unha hora máis tarde, Gol Televisión +1 dispoñible en ONO; e unha terceira para bares e restaurantes con tarifa plana de PPV, Gol Bar.