Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Sociedade Deportiva Compostela é un equipo de fútbol de Santiago de Compostela. Fundado en 1962, xoga na actualidade na Terceira División Española.
O club pasou 4 tempadas consecutivas en Primeira División entre 1994 e 1998, polo que ocupa o 39º lugar na Clasificación histórica de Primeira.
Nome do club [editar]
- Sociedad Recreativa Compostela (1962)
- Sociedad Deportiva Compostela (1962–1994)
- Sociedad Deportiva Compostela, S.A.D. (1994–2007)
- Sociedad Deportiva Campus Stellae, S.A.D. (2007–2011)
- Sociedad Deportiva Compostela, S.A.D. (2011– )
O club foi fundado o 26 de xuño de 1962, e comezou a xogar nas divisións rexionais. Tras varios anos na terceira división, logrou ascender á segunda B na tempada da creación desta categoría, a 1977-78.
En 1988[1] chegou á presidencia do club o empresario santiagués do sector da electricidade José María Caneda, e en 1989 incorpórase á disciplina do equipo o adestrador Fernando Castro Santos. Na primeira tempada dese, a 1989-90, o equipo regresou á segunda división B, e ó ano seguinte logrou ascender á segunda división logo de quedar terceiro na fase regular e vencer no grupo de ascenso, superando ó Alcoyano, o CD Badajoz e o Alavés.
O equipo permaneceu en segunda división durante tres tempadas: na primeira queda de sexto e na segunda de duodécimo, ata que na de 1993-94 quedou terceiro e puido xogar a promoción de ascenso a primeira división fronte ó Rayo Vallecano. Tras dous partidos que acabaron con empate xogados en cadanseu campo, disputouse un terceiro nun campo neutral (o Estadio Carlos Tartiere de Oviedo), que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de Ohen (2) e José. O equipo titular dese partido estaba formado por Iru, Modesto II, Tocornal, Modesto I, Bellido, Bodelón, Abadía, Fabiano, Lucas, Ohen e Suso Moure[2]. A derrota supúxolle ó Rayo Vallecano a marcha da súa estrela Hugo Sánchez. Xogou na primeira división catro tempadas seguidas, ata a 1997-98.
Logo de 7 anos con Fernando Santos de adestrador, para a tempada 1995-96 fichou a Fernando Vázquez. Ese mesmo ano o equipo logrou o seu mellor resultado, terminando décimo logo de seren subcampións de inverno, por detrás do Atlético de Madrid. Trala tempada 1997–98 o equipo resultou 17º na táboa e xogou a promoción contra o Villarreal CF. Tras empatar (0–0) en El Madrigal e novamente (1–1) en San Lázaro, o equipo compostelán descendeu a Segunda División.
O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e intentou recuperar a máxima categoría. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais Nando e Dmitri Radchenko. Porén, o equipo quedou oitavo, e as débedas empezaron a facerse patentes. Nas seguintes campañas o equipo tivo complicacións deportivas e trala tempada 2000–01 descendeu a Segunda División B. Nesa categoría volveuse cometer o erro de manter á formación da campaña anterior cos mesmos salarios, e as débedas levaron consigo atrasos e complicacións nos pagos. Aínda así, o equipo terminou terceiro na campaña 2001–02, e superou na liguiña de ascenso ó Mérida UD, Valencia CF B e FC Barcelona B, volvendo a Segunda División.
A campaña 2002–03 foi ata agora a última na elite profesional, no seu regreso a Segunda. O equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impago das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de euros para continuar en ligas profesionais. Ó non poder presentarse dito aval, o equipo regresou a Segunda B, ascendendo no seu lugar o CD Leganés.[3] Un ano despois, a marcha dos xogadores que non percibiron as débedas deixou a formación con poucos efectivos nun ano no que o equipo estivo a piques de desaparecer.[4] A tempada concluíu co descenso a Terceira División tras acabar penúltimos, e un posterior descenso a Rexional por impago ós xogadores.
Tras catro tempadas no grupo norte da Rexional Preferente, na campaña 2007–08 quedaron campións de grupo, regresando á Terceira División. Ao ano seguinte ascenderon de novo, regresando á Segunda B.[5] Pero só durou un ano o seu paso por esta categoría, descendendo novamente a Terceira División na tempada 2009–10. Porén, en agosto de 2010 o equipo foi descendido á división Rexional Preferente por motivos extradeportivos,[6] o que levou aparellada a súa disolución como empresa. Foi continuada pola SD Campus Stellae. Na tempada 2010–11 quedou nun meritorio 8º posto na Rexional Preferente, tras dúbidas sobre a súa viabilidade. A metade da tempada accedeu á presidencia da Sociedade Deportiva o empresario Antonio Quinteiro, que asumiu a débeda da entidade. Plantexouse a posibilidade que na tempada 2011–12 competise de novo coa denominación de SD Compostela,[7] algo que se cofirmou o 22 de xullo dese ano oficialmente.
Na tempada 1995–96, con Fernando Vázquez como adestrador, o cadro de xogadores do SD Compostela sería o seguinte:[8]
| Nº |
Posto |
País |
Xogador |
| 1 |
POR |
 |
Falagán |
| 2 |
POR |
 |
Fernando |
| 3 |
DEF |
 |
Mauro |
| 4 |
DEF |
 |
Nacho Fernández |
| 5 |
DEF |
 |
Villena |
| 6 |
DEF |
 |
Bellido |
| 7 |
DEF |
 |
Tocornal |
| 8 |
DEF |
 |
Virgilio |
| 9 |
DEF |
 |
Dulce |
| 10 |
DEF |
 |
Toño Castro |
| 11 |
MED |
 |
José Ramón |
| 12 |
MED |
 |
Lekumberri |
|
|
| Nº |
Posto |
País |
Xogador |
| 13 |
MED |
 |
Fabiano |
| 14 |
MED |
 |
Passi |
| 15 |
MED |
 |
Eraña |
| 16 |
MED |
 |
Abadía |
| 17 |
MED |
 |
Llorente |
| 18 |
MED |
 |
Toni |
| 19 |
MED |
 |
Skosic |
| 20 |
DIA |
 |
Ohen |
| 21 |
DIA |
 |
Christensen |
| 22 |
DIA |
 |
Paniagua |
| 23 |
DIA |
 |
Festus |
| 34 |
DIA |
 |
Vilaseca |
|
- Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
O Estadio Multiusos de San Lázaro, con capacidade para 13.000 espectadores, foi inaugurado o 24 de xuño de 1993. Ten herba natural e mide 105 x 68 metros. Está situado na Avenida de Fernando Casas Novoa. Anteriormente o equipo xogara no Campo Municipal de Santa Isabel, en Vista Alegre.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 4
- Tempadas en 2ª: 7
- Tempadas en 2ªB: 11
- Tempadas en 3ª: 18 (Incluída a 2012/13)
- Tempadas en Preferente: 11
Historial na liga [editar]
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1962/63 |
Rexional |
—  |
| 1963/64 |
3ª |
1º |
| 1964/65 |
3ª |
2º |
| 1965/66 |
3ª |
4º |
| 1966/67 |
3ª |
3º |
| 1967/68 |
3ª |
2º |
| 1968/69 |
3ª |
3º |
| 1969/70 |
3ª |
10º  |
| 1970/71 |
Rexional |
—  |
| 1971/72 |
3ª |
11º |
| 1972/73 |
3ª |
18º  |
| 1973/74 |
Rexional |
— |
| 1974/75 |
Rexional |
— |
| 1975/76 |
Rexional |
—  |
| 1976/77 |
3ª |
9º  |
| 1977/78 |
2ªB |
18º  |
| 1978/79 |
3ª |
12º |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1979/80 |
3ª |
1º  |
| 1980/81 |
2ªB |
7º |
| 1981/82 |
2ªB |
15º |
| 1982/83 |
2ªB |
11º |
| 1983/84 |
2ªB |
14º |
| 1984/85 |
2ªB |
15º |
| 1985/86 |
2ªB |
18º  |
| 1986/87 |
3ª |
6º |
| 1987/88 |
3ª |
4º |
| 1988/89 |
3ª |
3º |
| 1989/90 |
3ª |
1º  |
| 1990/91 |
2ªB |
3º  |
| 1991/92 |
2ª |
8º |
| 1992/93 |
2ª |
12º |
| 1993/94 |
2ª |
3º  |
| 1994/95 |
1ª |
16º |
| 1995/96 |
1ª |
10º |
- ↑ "Que foi do Compostela, hai dez anos en primeira?", A Nosa Terra, 26 de outubro de 2008.
- ↑ "El Compostela fulmina al Rayo", El Mundo, 2 de xuño de 1994.
- ↑ "El Compostela descende a Segunda B por impago de las deudas a los jugadores" (Libertad Digital, 31 de xullo de 2003 (en castelán).
- ↑ "El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda" Libertad Digital, 12 de abril de 2004 (en castelán).
- ↑ "El Compostela regresa a tercera", El Correo Gallego.
- ↑ "O Compostela descende a Preferente", artigo en La Voz de Galicia, 2 de agosto de 2010.
- ↑ [1]
- ↑ Plantilla SD Compostela 1995-96. BD Fútbol
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| Edificios gobernamentais ● |
|
|
| Edificios relixiosos ● |
|
|
| Teatros ● |
|
|
| Museos ● |
|
|
| Outros edificios ● |
|
|
| Parques ● |
|
|
| Centros comerciais ● |
|
|
| Rueiro ● |
|
|
| Transportes ● |
|
|
| Medios de comunicación ● |
|
|
| Clubs deportivos ● |
|
|
| Recintos deportivos ● |
|
|
| Outros recintos ● |
|
|
| Centros de saúde ● |
|
|
| Empresas locais ● |
|
|
| Restos arqueolóxicos ● |
|
|
| Accidentes xeográficos ● |
|
|
| Educación ● |
|
|
| Outros ● |
|
|
|
|
|
|
|
|
| Federación |
|
|
| Selección |
|
|
| Equipos |
|
|
| Outras competicións |
|
|
| Futbolistas galegos |
|
|
| Adestradores galegos |
|
|
| Estadios |
|
|
| Páxina web |
|
|