Estadio Benito Villamarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Benito Villamarín
Stade Manuel Ruiz de Lopera Séville.JPG
Datos
Localización Sevilla, España Flag of Spain.svg
Arquitecto Antonio González Cordón
Manuel López Ruiz
Inauguración 1929 (Estadio Benito Villamarín)
1 de xaneiro de 2000 (Estadio Manuel Ruiz de Lopera)
Superficie Céspede
Capacidade 56.432
Dimensións 105 x 68 m.
Propietario Real Betis
Localía Real Betis
Eventos
Mundial de Fútbol España 1982

O Estadio Benito Villamarín é un estadio de fútbol da cidade de Sevilla, España, onde xoga os seus partidos como local o Real Betis. É o segundo estadio en capacidade da cidade tras o Estadio de La Cartuja.

Leva o seu nome na honra a Benito Villamarín, un dos presidentes do club, según votación realizada polos abonados en outubro de 2010[1], en sustitución do nome Manuel Ruiz de Lopera.

Índice

Historia [editar]

O Sevilla Balompié, precursor do Real Betis Balompié xogaba inicialmente no Prado de San Sebastián. En 1920, comeza a xogar no campo do Real Patronato Obrero. A partir do 17 de marzo de 1929 comeza a xogar no Estadio de Heliópolis. Este é sucesivamente remodelado ata converterse no estadio actual. As máis importantes modificacións foron: A construción dos goles Norte e Sur no ano 1958. Posteriormente, volveuse a construír os goles Norte e Sur entre os anos 1971 e 1973. Construción da Tribuna de Voladizo 1975. e construción da Tribuna de Fondo en 1979. A construción da Tribuna de Preferencia en 1981 e a construción do 1er Anfiteatro da bancada de preferencia en 1982. Queda o estadio, cunha capacidade de 45.000 espectadores, 27.000 deles sentados. Nel xóganse partidos do Mundial de España'82 e o famoso 12-1 de España a Malta que clasificou á selección española para a fase final da 1984.

Nova denominación [editar]

O 16 de outubro de 2010, fixéronse públicos os resultados da votación realizada entre os abonados para determinar o novo nome do estadio. A parcipación foi do 30%. Unha minoría de 160 persoas votou por continuar co nome que levara os últimos anos Manuel Ruiz de Lopera. En cambio 6.107 (61,5%) optaron por que volvese á denominación anterior Benito Villamarín. A opción Heliópolis obtivo 2.786 votos (28%)[1].

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]