Rafael Martín Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Martín Vázquez
Información persoal
Nome completo Rafael Martín Vázquez
Nacemento 25 de setembro de 1965 (48 anos)
Lugar Madrid, España
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Escolapios
1980–1983 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983 Castilla 14 (3)
1983–1990 Real Madrid 179 (35)
1990–1992 Torino 52 (2)
1992 Marseille 7 (1)
1992–1995 Real Madrid 73 (7)
1995–1997 Deportivo da Coruña 17 (2)
1997–1998 Celaya 10 (0)
1998 Karlsruher 5 (0)
Selección nacional
1983–1984 España sub-18 10 (2)
1984–1988 España sub-21 15 (1)
1987 España sub-23 2 (1)
1984 España amateur 1 (0)
1987–1992 España 38 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Rafael Martín Vázquez, nado en Madrid o 25 de setembro de 1965, e un ex futbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertenceu, xunto con Emilio Butragueño, Manuel Sanchís Hontiyuelo, Miguel González "Míchel" e Miguel Pardeza, á xeración de xogadores madridistas procedentes da canteira do "Castilla" popularmente coñecida como Quinta del Buitre e, aínda que non foi o máis recoñecido de entre todos eles, si foi talvez o máis dotado tecnicamente.

Tras ser formado nas categorías inferiores do Real Madrid e ser escollido mellor xogador do Mundial Xuvenil de 1981 debutou en partido oficial con 17 anos nun Murcia-Real Madrid. Co Real Madrid gañou seis trofeos de Liga e dúas Copas da UEFA.

A técnica individual de Rafael Martín Vázquez fixo del un dos mellores centrocampistas ofensivos do mundo no seu momento, aínda que o seu carácter reservado, o seu xogo excesivamente cerebral e a súa escasa brega sobre o terreo de xogo convertérono nun dos chivos expiatorios da esixente, e con frecuencia inxusta, afección madridista. Logo de protagonizar a mellor tempada da súa carreira co Real Madrid, a 1989/90 ás ordes do adestrador galés John Benjamin Toshack, Rafael Martín Vázquez converteuse nun dos xogadores máis codiciados do momento pero Ramón Mendoza, entón presidente do Real Madrid, negouse a relizar unha renovación ao alza do xogador, polo que este terminou aceptando a oferta do Torino italiano, no cal, malia ser o estranxeiro mellor pago do Calcio, nunca chegou a mostrar o sobresaínte nivel de xogo alcanzado na súa primeira traxectoria madridista.

Tralo seu fallido paso polo equipo turinés, a carreira futbolística de Martín Vázquez foise diluíndo nun longo peregrinar de equipo en equipo (incluíndo o regreso ao equipo madridista entre 1992 e 1995) e de lesión en lesión, ata a súa retirada definitiva do fútbol activo no ano 1998.

Coa selección española xogou un total de 38 partidos e disputou o Mundial de Italia´90.

Actualmente, Rafael Martín Vázquez forma parte do persoal técnico do Real Madrid e colabora con diferentes programas de radio como comentarista.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Martín Vázquez xogou 34 partidos coa selección española, incluíndo a Eurocopa 1988 e o Mundial de Fútbol Italia 1990. O seu debut produciuse o 23 de setembro de 1987, nun partido amigable contra Luxemburgo.

Goles internacionais[editar | editar a fonte]

# Data Lugar Oponente Gol Resultado Competición
1. 4 de setembro de 1991 Carlos Tartiere, Oviedo, España Flag of Uruguay.svg Uruguai 1–0 2–1 Amigable

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]