Caamaño, Porto do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caamaño
Caamaño, Porto do Son.jpg
Igrexa parroquial
Concello Porto do Son
Área - km²
Poboación (Ano 2004) 624 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 19

Santa María de Caamaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 624 habitantes (336 mulleres e 288 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 649 habitantes.

Índice

[editar] Patrimonio

[editar] Igrexia parroquial

A súa igrexa parroquial é de estilo románico e barroco. A construción orixinal, do século XII, foi reformada no século XVIII, mantendo o presbiterio orixinal, de planta rectangular con cuberta de canón apoiada en arcos faixóns de medio punto sobre semicolumnas con capiteis de motivos vexetais. Conserva no muro do testeiro unha fiestra románica, de arco de medio punto con decoración xeométrica, apoiado sobre dúas columnas pequenas con capiteis florais. Unha dupla arcada apúntase polo exterior do presbiterio, no lateral dereito. No lateral esquedo está a sancristía con acceso desde o interior, enriba da cal hai unha espadana de principios do século XIX. O resto da nave está cuberta con bóveda de canón sobre muros de cantería con capeliñas embebidas neles.

No exterior hai unha escaleira apegada ao muro lateral dereito, que dá acceso ao campanario, cun apoio en triple arcada de medio punto e remate en balaustrada que sobe pola cuberta até a espadana, de dous corpos superpostos, rematados con pináculos e bólas.

O retablo é barroco.

[editar] Capela de Pedrafurada

Capela de Pedrafurada, Caamaño, Porto do Son.jpg
Cruceiro da capela de Pedrafurada, Caamaño, Porto do Son.JPG

A Capela de Pedrafurada, adicada á advocación da Anunciación da Virxe María, é unha ermida de nave única e fachada con espadana dun arco. A entrada á mesma foi mudada de localización, pois antes estaba na cabeceira, cara ao Camiño Real.

A ermida é símbolo da cristianización dunha antiga crenza de culto ás pedras.

Ao seu carón hai un peto de ánimas.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Caamaño

Lugares da parroquia de Caamaño no concello coruñés de Porto do Son

O Barrento | Caamaño | O Campanario | O Candeiro | A Capela | O Castelo | Corzo | A Cruz | As Cruzadas | Entre as Vías | Esparrelle | O Feal | O Fondón | O Grallal | A Lagoela | A Ponte | O Portal | As Pulidas | O Rosío

[editar] Parroquias de Porto do Son

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Fins) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas