Porto do Son, Noal, Porto do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto do Son

Editar o valor em Wikidata
ParroquiaNoal
ConcelloPorto do Son
Coordenadas42°43′30″N 9°00′16″O / 42.725, -9.0044444444444Coordenadas: 42°43′30″N 9°00′16″O / 42.725, -9.0044444444444
Poboación1.991 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

Porto do Son é a capital do concello homónimo. Atópase na parroquia de San Vicente de Noal. Este centro urbano está acurrunchado entre o mar e o monte Dordo. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 1.991 habitantes (997 homes e 994 mulleres).

Porto do Son ten un pequeno peirao pesqueiro e un espigón, que xuntos fan unha pequena baía por onde pasa un curto paseo marítimo. Consta esta baía dun pantalán para barcos de recreo. A confraría de pescadores e a lonxa están no porto, mentres que a praza de abastos se atopa en primeira liña de costa.

Destaca en tamaño a praza de España, aínda que non é especialmente grande, na que se atopan algúns bares e comercios. Nunha rúa á dereita entrando polo o porto, está o Centro de Interpretación do Castro de Baroña, un edificio (onde se atopaba a antiga casa do concello) que serve de centro de exposición e no que se atopan algúns obxectos antigos, tanto do Castro de Baroña coma doutros lugares do concello. Seguindo esa mesma rúa, sáese preto da casa do concello, e preto de alí están a Atalaia (onde está a capela da Nosa Señora do Carme) e a casa da cultura.

Porto do Son ten varias praias, case todas rochosas: o Brañón e a Sagrada; e unha de area: o Cruceiro, aínda que ten nas aforas da vila a praia de Subiglesias e bastante preto as de Cabeiro e Fonforrón, estas tres últimas de area.

Historia[editar | editar a fonte]

Dise popularmente que os primeiros habitantes deste lugar tiñan medo ó mar e por iso comezaron a construír a vila nun lugar chamado O Outeiro, no pé do monte Dordo.

A tradición mariñeira da vila e a calidade e cantidade dos caladoiros fan que no século XIX se asenten na vila, e en todo e concello, diversas familias catalás que industrializan o lugar e traen un relativo progreso a estas terras.

A vila alcanza un grande apoxeo entre o século XIX e XX. O rei chega a conceder título de villa a este lugar. Coñécese entón como Villa y Puerto del Son. Existen nesta época moitas empresas que dan proba do apoxeo sonense, como o casino e o cine ou o estaleiro, o cal chega a construír un pequeno barco para viaxes transatlánticas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Noal[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son

Agrelo | A Becha | Bornas | Cabanela | Cabeiro | Castelo | O Catadoiro | Laranga | As Laxelas | As Laxes | Loreto | Moreiras | Noal | O Outeiro | Pena Abelleira | As Pitas | Porto do Son | Suigrexas | A Tarela | O Tendedeiro | Torón | Xío

Parroquias de Porto do Son[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)