Miñortos, Porto do Son
Coordenadas: 42°45′54″N 8°55′46″W / 42.765°N 8.92944°W
| Miñortos | |
|---|---|
| Igrexa parroquial de Miñortos. | |
| Concello | Porto do Son |
| Área | - km² |
| Poboación | 471 hab. (2012) |
| Entidades de poboación | 9 |
San Martiño de Miñortos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2012) conta con 471 habitantes (243 homes e 228 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación.[1]
Índice |
Demografía [editar]
Evolución da poboación [editar]
Segundo o INE:
| Evolución da poboación de: Miñortos, Porto do Son desde 2001 ata 2012 | |||||||||||
| 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 |
| 498 | 496 | 490 | 489 | 478 | 490 | 496 | 486 | 487 | 487 | 492 | 471 |
Patrimonio [editar]
A igrexa parroquial ten a planta case de cruz grega, co brazo transversal lixeiramente máis curto. As naves levan bóveda de canón apoiadas directamente nos muros, nos que alternan a cantería e a cachotería. No cruceiro a cúpula é semiesférica sobre pendentes. No lateral do presbiterio está a sancristía de altura inferior ao resto do templo.
Na súa fachada principal incorporóuselle unha torre campanario de proporcións moi robustas, potenciadas polos machóns do corpo das campás e por cantería ben trazada que ten a decoración nas cornixas, nas pilastras do corpo inferior e nos pináculos do corpo de remate. A entrada ao templo faise a través do corpo de apoio da torre. Dous fortes piares unidos entre si e á fachada por arcos de medio punto conforman o espazo cuberto no adro da igrexa.
A capela das Pardiñas é unha ermida baixo a advocación da Virxe dos Desamparados.
Está formada por unha soa nave, coa sancristía anexa a carón do presbiterio. A fachada vai enmarcada por dúas pilastras que rematan en pináculos, un frontón que parte para colocar a plataforma sobre a que vai a espadana, cun só arco que remata tamén en pináculos. Sobre a porta leva unha fiestra.
O topónimo Pardiñas, documentado desde 1183, refírese á situación da capela nun souto ou devesa, un terreo acoutado.
Galería de imaxes [editar]
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Miñortos [editar]
| Lugares da parroquia de Miñortos no concello coruñés de Porto do Son | |
|---|---|
|
A Amoreira | Boiro | Bouzas | O Coto | O Fieiro | Fontenla | A Gafa | Linteiros | O Souto |
Parroquias de Porto do Son [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son | |
|---|---|
|
Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña) |