Castro de Baroña
Coordenadas: 42°41′41″N 9°1′55″W / 42.69472°N 9.03194°W
| Castro de Baroña | |
|---|---|
| Concello: | Porto do Son |
| Cronoloxía | |
| Datas de ocupación: | séc. I a.C.-I d.C. |
| Data da descuberta: | ? |
| Períodos de escavación: | 1933 1969-1970 1980-1984 1985 |
| Estado actual: | escavado, visita libre |
| Extensión estimada: | 2,26 ha. |
| Véxase tamén: Castros de Galicia | |
O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C..
Índice |
[editar] Descrición
Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas.
No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foxo de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de cachotería case paralelos cun recheo de area e pedras. Pénsase que orixinariamente continuaba até conectar coa muralla do poboado, creando un espazo probabelmente non ocupado con vivendas.
A muralla principal, ben conservada, conta con dous panos. Un deles, á dereita, consiste en tres muros de cachotería que soben graduados e o da esquerda é semellante ao do istmo. Á dereita da abertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros estréitanse, polo que se supón que se fechaba cunha porta que non deixaría pasar os carros. Posibelmente, a muralla arrodeaba o castro case completamente.
A entrada ao interior consiste nunha rampla. A zona habitada estrutúrase en catro áreas. Na primeira, á esquerda hai unha construción na que había un banco corrido ou, segundo outra interpretación, un simple alicerce. Nela atáronse unha lareira, un furado para un poste e varios tixolos de barro. Puido ser unha forxa. Fronte á porta da muralla hai outras construcións ovais con vestíbulo e outra que tamén puido ter sido outra forxa.
O sector seguinte está separado por un muro, que talvez servía para conter a terra, e pásase a el subindo unhas escaleiras, as mellor conservadas dos castros galegos. Distínguense un "barrio" de casas que delimita unha "praza" protexida do vento.
Un sendeiro leva ao sector máis alto do poboado, no que tamén hai construcións.
O poboado debeu de ser autosuficiente. Dentro do castro non hai auga, nin mananciais nin alxibes, polo que debeu ser preciso ila procurar no exterior. Pénsase que a alimentación tiña como principal fonte o mar: lapas, mexillóns, caramuxos e peixes; tamén se consumían bóvidos, cabras e ovellas e landras.
Hai restos de metalurxia (fornos), traballo da pedra e de tecido (fusaiolas).
[editar] Escavacións arqueolóxicas
O Castro de Baroña foi escavado por primeira vez en 1933 por Sebastián González-García. As seguintes campañas arqueolóxicas foron as de J. M. Luengo (1969-1970), Francisco Calo Lourido e Teresa Soeiro (1980 a 1984), Francisco Calo en 1985 e Ánxel Concheiro en 1984, que o consolidou.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castro de Baroña.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
| Arquitectura prehistórica de Galicia | |
| Cronoloxía | Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro |
| Megálitos | |
| Tipos | mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista |
| Elementos | ortóstato | cono de violación |
| En Galicia | cultura | imaxes |
| Petróglifos | |
| En Galicia | GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos |
| Castros | |
| En Galicia | cultura castrexa | cerámica castrexa Castro de Armea | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Tegra | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros |