Goiáns, Porto do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°45′28″N 08°56′41″W / 42.75778°N 8.94472°W / 42.75778; -8.94472

Goiáns
San Sadurniño de Goiáns 2. Porto do Son.jpg
Igrexa de San Sadurniño de Goiáns.
Concello Porto do Son
Área - km²
Poboación 1.512 hab. (2012)
Entidades de poboación 17

San Sadurniño de Goiáns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2012) conta con 1.512 habitantes (773 homes e 739 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Índice

Patrimonio [editar]

A igrexa parroquial é de estilo barroco. Construída no século XVII, atravesou varias reformas a cargo da comunidade catalá establecida na parroquia con industrias conserveiras.

Ten unha soa nave, de proporcións cadradas. Recentemente engadíuselle o coro aos pés. Na cabeceira sitúase a capela maior, con bóveda de canón rebaixada sobre muros de cachotería de pedra. Esta capela maior pertencera xa á antiga igrexa, moito máis estreita.

Ten apegada ao lateral dereito unha sancristía de menor altura que o resto da nave. No exterior tapouse o aspecto orixinal cun aplacado de pedra. A fachada é sinxela, cunha porta e unha fiestra por riba, con cornixa a dúas augas rematada nunha pequena espadana. O campanario foi colocado de forma illada preto da igrexa cando esta foi reconstruída.

No seu interior consérvase un sarcófago do século V.

Galería de imaxes [editar]

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Goiáns [editar]

Lugares da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Porto do Son

O Alto de Olveira | Beneso | O Campanario | O Castro | Eiravedra | Freixedo | A Igrexa | Mantoño | O Mariño | As Moas | A Mótega | Portosín | O Pozo | A Richoliña | O Salgueirón | A Silva | Valcunqueiro

Parroquias de Porto do Son [editar]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]