Nélida Piñon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nélida Piñón")

Nélida Piñon é unha escritora brasileira, nacida en 3 de maio de 1937 na cidade do Río de Xaneiro. O seu nome é un anagrama do nome do avó, Daniel. É de familia de emigrantes galegos e sempre ten feito gala de que Galicia, onde pasou algúns anos da súa infancia, a marcou profundamente.

[editar] Traxectoria

Formouse en Xornalismo pola PUC do Río de Xaneiro, e foi editora e membro do consello editorial de varias revistas no Brasil e Exterior. Tamén ocupou cargos no consello consultivo de diversas entidades culturais na súa cidade natal.

Xa en 1970 inaugurou a primeira cátedra de Creación Literaria na Universidade Federal de Río de Xaneiro. Salientou sempre na loita a favor da condición feminina, sendo a primeira muller que presidiu a Academia Brasileira de Letras (entre 1995 e 1996).

De carácter aberto e extrovertido, Nélida sentiu moi cedo a paixón pola literatura. Estreou na literatura co romance "Guia-mapa de Gabriel Arcanjo", publicado en 1961, que ten como temas o pecado, o perdón e a relación dos mortais con Deus.

A súa obra xa foi traducida na Alemaña, Italia, España, Rusia, Estados Unidos, etc. Recibiu varios premios ao longo de máis de 35 anos de actividade literaria; un dos máis recentes foi o Premio Príncipe de Asturias das Letras no 2005.

A novelista conquistou tamén no 2005 o Premio Jabuti, pola súa última novela Voces do deserto, unha relectura de As mil e unha noites, á que adicou varios anos de investigación mergullándose no universo do mundo árabe e oriental.

Outros libros seus son Fundador, A doce canción de Caietana ou A república dos soños.

A crítica internacional ten salientado sempre a calidade da súa obra, a forza da súa imaxinación e maila súa capacidade de expresar literariamente os soños da gran familia iberoamericana, como ben indicou en 1989 The New York Times Book Review.

[editar] Véxase tamén

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas