Golfo de Alasca
O golfo de Alaska é un brazo curvo do océano Pacífico na costa sur de Alasca, delimitando polo oeste coa península de Alasca e a illa Kodiak, e polo leste co arquipélago Alexander, onde se encontra a baía Glaciar.
A ribeira do golfo é unha combinación de bosques, montañas e glaciares, como o Malaspina e o Bering. A costa está profundamente accidentada, con enormes entrantes como a Cook Inlet e o Prince William Sound (dous grandes corpos de auga interconectados), ou como tamén a baía Yakutat ou o Cross Sound.
Meteoroloxicamente, o golfo é un continuo xerador de tormentas. Isto, sumado ás vastas cantidades de neve e xeo sobre o sur de Alasca, dá como resultado as maiores tempestades da zona sur do círculo polar ártico. Moitas destas tormentas móvense cara ao sur polas costas de Columbia Británica, Washington e Oregón. A maioría das choivas estacionais do Noroeste do Pacífico proveñen do golfo de Alasca.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |