Mar de Beaufort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Beaufort
Beaufort Sea - mer de Beaufort'
Localización administrativa
EstadoEstados Unidos de América Estados Unidos
Canadá
División Alasca (USA)
Territorios do Noroeste (CAN)
Yukón (CAN)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Ártico
ContinenteAmérica do Norte
Illa/silla de Banks e illa do Príncipe Patrick (CAN)
Xeografía
Mares contiguosMar de Chukchi (E) e Golfo de Amundsen (O)
Illas interioresHerschel, Richards (2 165 km²), Gary, Pelly e Baillie (CAN)
AfluentesRío Colville (560 km) (Alasca)
Ríos Mackenzie (4 241 km), Anderson (692 km) e Horton (618 km) (CAN)
Cidades ribeiregasBaías do Almirantado, Smith, Harrison, Prudhoe, Camden e Demarcation (USA)
Baías de Mackenzie, Kugmalit, McKinley e Liverpool (CAN)
Accidentes
CabosPunta Barrow (Alasca)
EstreitosEstreito de McClure (E)
Características
Superficie450 000 km²
Profundiade máxima4 683 m[1]
Profundidade media1 004 m
Outros datos
Áreas protexidasArctic National Wildlife Refuge (Alasca)
Parque nacional Ivvavik (CAN)
Mapa

Localización do mar de Beaufort

Vista satélite

O mar de Beaufort (inglés: Beaufort Sea, francés: mer de Beaufort) é un mar marxinal do océano Ártico,[2] situado en América do Norte ao norte dos Territorios do Noroeste, do Yukón e de Alasca e ao oeste das Illas Árticas do Canadá. A súa extensión é de ao redor de 450 000 km². Recibiu o seu nome polo hidrógrafo irlandés sir Francis Beaufort (1774-1857).

Historia[editar | editar a fonte]

O almirantado inglés foi quen con máis énfase buscou o ansiado Paso do Noroeste, e tras comprobar que non había ningún paso a través do continente, probou a través do estreito de Bering feito para o cal nomeou en 1825 a Frederick William Beechey (1796-1856) comandante do balandro HMS Blossom, cunha tripulación dun centenar de homes, cuxa misión era alcanzar o estreito e unha vez alí, xirar cara ao leste ata enlazar con dúas expedicións que buscaban o paso polo oeste: unha por terra, desde o río Mackenzie, comandada por John Franklin (1786-1847) (que se fará soado ao desaparecer con toda a súa tripulación na tristemente expedición perdida de Franklin); e outra por mar, desde o estreito do Príncipe Rexente, ás ordes de William Edward Parry (1790-1855), que non puido progresar debido ao xeo.

Beechey chegou ao estreito de Bering en xullo de 1826 e seguiu navegando cara ao norte, dobrando punta Barrow (Alasca) (71°24′31″N 156°27′30″O / 71.40861, -156.45833); Beechey foi, por tanto, o primeiro occidental que navegou, apenas unhas millas, polo mar de Beaufort.

A costa continental, o bordo meridional do mar de Beaufort, foi recoñecido desde terra por Franklin na súa expedición de recoñecemento de 1824-26, na que ía acompañado por George Back (1796-1878), o naturalista John Richardson (1787-1865) e o explorador canadense Peter Warren Dease (1788-1863). Descenderon o río Mackenzie e exploraron o tramo de costa oriental do Beaufort ata chegar á Prudhoe Bay.

O primeiro occidental do que se ten constancia de que navegou por completo as augas do mar de Beaufort foi, no ano 1850, o oficial naval e explorador británico Robert McClure (1807-73), comandando o HMS Investigator, nunha das expedicións do almirantado á procura da expedición perdida de Franklin. Nesa expedición McClure foi o primeiro que logrou completar o Paso do Noroeste, aínda que parte do traxecto fíxoo a pé e en zorras.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O mar de Beaufort está limitado, ao noroeste por unha liña que conecta punta Barrow (Alasca) con Lands End na illa do Príncipe Patrick; ao oeste polas costas occidentais da illa do Príncipe Patrick e a illa de Banks, pertencente ao arquipélago ártico canadense; e ao sur pola costa continental.

O río Mackenzie desauga neste mar, do mesmo xeito que outros cursos menores. Supón un importante hábitat para baleas e paxaros, e aínda continúa sendo unha zona relativamente virxe, e libre do tráfico comercial.

O mar está completamente conxelado durante a maior parte do ano, cubrindo a capa de xeo permanente o seu parte norte durante todo o ano.

O mar de Beaufort é tamén o lugar no que se supón que existen significativas reservas de petróleo baixo o leito do mar, como continuación das reservas existentes nas zonas próximas o río Mackenzie e North Slope.[Cómpre referencia]. Foi explorado por petroleiras na década de 1960, empezando a operar a primeira plataforma petrolífera en 1986 (Amauligak Project).

Delimitación da IHO[editar | editar a fonte]

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Beaufort como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 13 e defíneo da forma seguinte:

No norte.
Unha liña desde punta Barrow, Alasca, ata Lands End, na illa do Principe Patrick (76°16' N, 124°08' O).
No leste.
Desde Lands End, a través da costa suroeste da illa do Principe Patrick, ata punta Griffiths, desde alí unha liña ata o cabo do Principe Alfred, o extremo noroccidental da illa de Banks, logo a través da súa costa oeste ata o cabo de Kellet, o extremo suroeste, e desde alí unha liña ata o cabo Bathurst, na parte continental.
Limits of oceans and seas, páx. 9.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beaufortsee auf worldatlas.com
  2. John Wright (30 novembro 2001). Psychology Press, ed. The New York Times Almanac 2002. p. 459. ISBN 978-1-57958-348-4. Consultado o 29 de novembro do 2010. 
  3. «On the North.
    A line from Point Barrow, Alaska, to Lands End, Prince Patrick Island (76°16' N, 124°08' O).
    On the East.
    From Lands End through the Southwest coast of Prince Patrick Island to Griffiths Point, thence a line to Cape Prince Alfred, the Northwestern extreme of Banks Island, through its West coast to Cape Kellet, the Southwestern point, and thence a line to Cape Bathurst on the mainland (70°36' N, 127°32' W)».
    A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: https://epic.awi.de/id/eprint/29772/1/IHO1953a.pdf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]