Lipari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lipari
Vista da illa
Lipari Castello.jpg
Datos
Capital
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Illas Eolias
Linguas Italiano
Poboación (2005) 10.809 hab.
Superficie 37 km²
Densidade
Coordenadas 38°28′N 14°57′E / 38.467°N 14.950°E / 38.467; 14.950
Maior Altura
Localización
Localización  da illa

Lipari (latín Lipara, grego Λιπάρα) e a maior das illas Eolias, ten 10.000 h., e a súa capital homónima, 4.400.

Tamén se denomina ao arquipélago das Eolias illas Lipari , nome da maior das sete, onde se adoita desembarcar como principal base de operacións radiais.

A Piazza Ugo dei Sant'Onofrio, no desembarcadoiro de Marina Curta, constitúe o punto focal de Lipari. O ano 2000 foi inscrita xunto ao resto do arquipélago na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Historia[editar | editar a fonte]

Lipara chamouse inicialmente Meligunis e adoptou o nome de Lipara por Liparo, o fillo de Ausón.

Diodoro Sículo di que a primeira colonia grega (doria) fundouse cara ao 580-577 a.C., pero Eusebio sitúa a fundación no ano 627 a.C. Fundárona colonos de Cnido e da illa de Rodas baixo a dirección de Pentathlos, un cnidio, polo que se considerou colonia desta cidade. Outras versións din que non foi Pentathlos o fundador senón os seus fillos. A colonia prosperou, pero se houbo de defender dos piratas tirrenos e creouse unha flota que derrotou algunhas veces aos tirrenos (etruscos). Pero a mesma xente de Lipari tamén practicou a piratería e unha vez capturaron un valioso cargamento romano que se enviaba a Delfos. O maxistrado xefe da illa Timasiteo, fixo retornar inmediatamente o cargamento e enviouno ao seu destino final.

A primeira expedición ateniense a Sicilia dirixida por Laques (427 a.C.) achou a Lipari aliada a Siracusa (cidade tamén dórica) e foron atacadas polos atenienses e pola flota de Regio sen moito éxito.

En 396 a.C. aparece outra vez aliada a Siracusa polo que foi atacada pola flota cartaxinesa de Himilcón que a ocupou e cobrou unha taxa de 30 talentos, pero non a conservou; no 304 a.C. foi atacada por Agatocles sen motivo aparente, e o siracusano levou un botín de 50 talentos que perdeu ao regreso nunha tormenta.

Panorámica de Lipari.

Non moito máis tarde Lipari caeu en mans dos cartaxineses e romanos ao comezar a Primeira Guerra Púnica (264 a.C.), e converteuse na principal base naval cartaxinesa. Ao quinto ano de guerra (260 a.C.) o cónsul romano Cneo Cornelio foi rexeitado nun ataque e foi capturado coas súas forzas; no 257 a.C. unha batalla naval librouse entre romanos e cartaxineses nos arredores de Lipari; poucos anos máis tarde (251 a.C.) foi ocupada polos romanos baixo o mando de C. Aurelio, e desde entón permaneceu no seu poder.

As illas non volven ser mencionadas ata as guerras entre Sexto Pompeio e Octavio no 36 a.C., cando Lipari foi outra vez unha base naval importante dominada por Pompeio, pero conquistada por Agripa que estableceu a súa flota na illa Vulcano desde onde atacou a Pompeio en Milas e Mesina.

Continuou sendo unha cidade próspera durante todo o período imperial romano baseada na súa flota e o comercio de alume, que as illas producían pola súa natureza volcánica. Cicerón, no entanto, menciónaa como unha cidade pequena. Foi utilizada a miúdo como lugar de exilio e no século IV converteuse en refuxio de monxes.

No século V foi sede dun bispo. En 543 establecéronse alí os ostrogodos, pero despois foi recuperada polos bizantinos. Entrou en decadencia no século VIII e IX cos ataques dos piratas musulmáns e da actividade volcánica do Monte Pelato e da Figgia Vecchia (729). Os musulmáns devastaron a cidade e levaron aos seus habitantes en 838.

As illas estiveron deshabitadas durante dous séculos ata que chegaron os normandos en 1083 e establecéronse alí monxes beneditinos, que fundaron un mosteiro e establecéronse algúns colonos. A señoría das illas foi dada ao mosteiro en 1091 polo Papa Urbano II. O abade Ambrosio promulgou en 1095 unha constitución que daba aos habitantes o dereito de propiedade e de herdanza sobre a terra que cultivasen, o que favoreceu o repoboamento e a ocupación dos terreos abandonados. Os privilexios fiscais dados polos reis anxevinos e logo da Coroa de Aragón enriqueceu outra vez a illa.

A illa foi atacada por Jeireddín Barbarroxa aliado do rei de Francia en 1544, cunha flota de 150 naves que saquearon a illa logo dun asedio. A gran catedral, unha obra de gran envergadura, foi incendiada así como as casas, e os 8.000 habitantes foron deportados. A illa quedou baleira por segunda vez. Carlos V fixo construír un muro na cidade e deu grandes beneficios fiscais que permitiron repoboar a illa bastante rapidamente con cataláns e xente de Campania. Co perigo de novos ataques as illas quedaron incorporadas ao reino das Dúas Sicilias en 1589. Ata pasado o 1700 non quedou descartado o perigo turco e a cidade volveuse a expandir. As illas pasaron a Italia co Reino das Dúas Sicilias.

Poboación[editar | editar a fonte]

Os 8.000 habitantes censados e a infraestrutura hostaleira superan con fartura ás demais illas.

Lugares de interese e monumentos[editar | editar a fonte]

  • O xa citado desembarcadoiro de Marina Curta, desde o que se pode observar a catedral de San Bartolo.
  • Vestixios neolíticos que se poden atopar espallados en distintos edificios da cidade vella.
  • O Museo arqueolóxico é un dos máis importantes de Italia en canto a arqueoloxía submarina:
  • Desde coleccións de ánforas mariñas a sarcófagos de pedras que datan da dominación grega, pasando por máscaras e utensilios de obsidiana.
  • O edificio está situado nun peñón coñecido como Castelo de Lípari, que serviu desde tempos antigos como fortaleza natural.
  • O museo conserva aínda moitas pegadas da súa herdanza histórica, xa que durante a época grega e romana serviu como necrópole, e máis tarde, durante o renacemento, albergou o núcleo medieval da cidade.
  • As coleccións que se exhiben proveñen das escavacións arqueolóxicas realizadas en varias illas Eolias, especialmente na necrópole de Pantálica, formada por máis de 5.000 tumbas do século XII a.C.
  • Móstrase a relación dos obxectos co seu lugar de orixe mediante reconstrucións e estratigrafías.