Convección

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento por convección
Correntes convectivas no mar (circulación termohalina)

A convección é unha das tres formas de transmisión de calor e caracterízase porque se produce por intermedio dun fluido (aire, auga) que transporta a calor entre zonas de diferentes temperaturas. A convección prodúcese unicamente por medio de materiais fluidos. Éstes, ó quentarse, aumentan de volume, diminuen a súa densidade e ascenden desprazando o fluido que se atopa na parte superior e que está a menor temperatura. O que se chama convección en si, é o transporte de calor por medio de correntes ascendente e descendente do fluido. A transferencia de calor nun volume e a mestura de elementos macroscópicos de porcións quentes e frias dun gas ou dun líquido. Inclúese tamén o intercambio de enerxía entre unha superficie sólida e un fluido ou por medio dunha bomba, un ventilador ou outros dispositivos mecánicos (convección mecánica ou asistida). Na transferencia de calor libre ou natural na cal un fluido é máis quente ou máis frio e en contacto cunha superficie sólida, causa unha circulación debido ás diferencias de densidade que resultan do gradiente de temperaturas no fluido.

A transferencia de calor por convección exprésase coa Lei de Enfriamento de Newton:


\frac {dQ} {dt} = h A_{s} ( T_{s} - T_{\inf} )

Onde h é o coeficiente de convección (ou coeficiente de película), A_{s} é a Área do corpo no contacto co fluído, T_{s} é a temperatura na superficie do corpo e T_{\inf} é a temperatura do fluído lonxe do corpo.