Ducado de Amalfi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Italia no ano 1000.

O Ducado de Amalfi (tamén República de Amalfi) foi un antigo estado gobernado, entre o século IX e o XII, por unha serie de duques ((en latín) duces), a veces chamados dogos en analoxía coa rival República de Venecia. Xunto coa República de Pisa, Xénova e Venecia, é unha das repúblicas marítimas máis coñecidas e está presente co propio brasón na bandeira da Mariña militar italiana. Por dous séculos foi a máis poderosa das repúblicas marítimas.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Historia de Amalfi.

Da hexemonía de Nápoles á autonomía[editar | editar a fonte]

No 839, no contexto da loita entre longobardos e bizantinos, a filobizantina Amalfi foi asaltada e expugnada príncipe longobardo de Benevento, Sicardo. Despois da tráxica morte de Sicardo e a loita pola sucesión ao Principado de Benevento, os amalfitanos rebeláronse e deron eliminado o continxente longobardo. O 1 de setembro de 839 Amalfi obtiña a autonomía administrativa (malia subsistir unha formal tutela de Bizancio por medio do Ducado de Nápoles); era unha liberdade de facto.

Aos principios, houbo un sistema de comites e praefecturii: os comites gobernaban por un ano, e por veces dous ou tres, mentres os prefectos, prepósitos aos comites, ficaban no cargo máis tempo. O prefecto Mariño tentou inaugurar unha dinastía, facendo correxentes aos seus fillos, pero o intento fallou co seu sucesor.[1]

No 849, Amalfi, sendo parte da Liga campana, participou coa súa flota na Batalla de Ostia, que tivo lugar no verán, contra a flota sarracena.

Amalfi convértese en ducado[editar | editar a fonte]

Santo André apóstolo, patrón da República de Amalfi

O período preducal rematou no 954, cando Mastalo II se denominou duque ao que acadou a maioría de idade, pero morreu no 958.

O novo duque, Serxio I, fundou unha nova dinastía, destinada a reinar ininterrompidamente nos seguintes 115 anos, agás no período 10391052, cuando o Príncipe de Salerno conquistou o Ducado de Amalfi.

Amalfi so o dominio normando[editar | editar a fonte]

Amalfi foi conquistada por Robert Guiscard, duque de Puglia no 1073 e pouco despois o seu terceiro fillo terzogenito, Guido foi nomeado duque.

Pero Amalfi rebelouse dúas veces, a primeira elixiu o anterior príncipe de Salerno, Xisulfo, a segunda vez un membro da familia dos duques de Nápoles.

No 1131 Roxelio II de Sicilia someteu definitivamente a cidade.

Relacións con Pisa[editar | editar a fonte]

Amalfi, xa desde mediados do século XI, perdera a completa autonomía, malia que continuaba os intercambios comerciais propios gozando dunha ampla autonomía administrativa (polo menos neste período). So a protección do normando Guillerme, terceiro Duque de Puglia, os administradores de Amalfi acadaron, en outubro de 1126, un proveitoso acordo comercial con Pisa para colaborar na tutela dos intereses comúns no Tirreno. Este acordo era froito dunha amizade coa República toscana que viña xa de decenios. Amalfi, porén, non dispoñía dun exército propio que protexese os intereses dos comerciantes amalfitanos. Velaí por qué non vemos as naves de Amalfi comprometidas moi a miúdo en accións militares contra outras Repúblicas Marítimas.

De feito, foi o exército de Pisa quen rompeu o acordo con Amalfi e atacou a cidade costeira o 4 de agosto de 1135 no contexto da guerra na que estaban comprometidos o pontífice Inocencio II e o novo emperador Lotario II (e con eles as Repúblicas de Xénova e de Pisa) contra o normando Roxelio II d'Altavilla que controlaba o territorio de Amalfi. Esa guerra concluíu favorábel a Roxelio II que veu recoñecidos os seus dereitos sobre territorios da Italia meridional. Amalfi perdeu tamén a súa autonomía política.

Lista dos gobernantes de Amalfi[editar | editar a fonte]

Prefectos e Condes (comites)[editar | editar a fonte]

Duques (duces)[editar | editar a fonte]

Duques normandos (strategoti)[editar | editar a fonte]

O título de Duque de Amalfi no Reino de Nápoles[editar | editar a fonte]

O título de Duque de Amalfi foi retomado no Reino de Nápoles a finais do século XIV:

No século XIX o título Duque de Amalfi foi reutilizado polos españois:

Os órganos de goberno[editar | editar a fonte]

O Duque[editar | editar a fonte]

A principios do ano civil, o 1 de setembro, tiña lugar a elección dos duques, polos que se rexía a República de Amalfi e no mesmo día o Duque tiña a facultade de promulgar leis e decretos coa formula “per hoc nostrum preceptum”.

A República de Amalfi, constituída no 839, foi ao primeiro dirixida por condes (comites) elixidos anualmente o 1 de setembro; despois (desde 957) por duques (duces), que asociaron ao poder o fillo primoxénito, transformando a república nun ducado hereditario; finalmente, tras da conquista normanda (1131) por maxistrados de nomeamento real (strategoti).

A investidura do Duque tiña lugar no adro da igrexa palatina de San Salvatore de Birecto de Atrani coa entrega da clámide e do gorro, símbolo do poder ducal. No patio de San Salvatore tiña lugar tamén, no período preducal, a investidura dos comites e despois reuníanse os Parlamentos constituídos en 1266 polos sídicos das cidades costeiras anualmente elixidos. A investidura era proclamada polo Arcebispo de Amalfi.

A lexislación[editar | editar a fonte]

Consuetudines Civitatis[editar | editar a fonte]

As Consuetudines Civitatis, escolma de leis transcritas só en 1274, regulaban as relacións xurídicas no interior do Ducado.

Tavole amalfitane[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Tavole amalfitane.

O máis antigo (e célebre) estatuto marítimo do Medievo son as Tavole Amalfitane, punto de referencia para toda os mariñeiros mediterráneos ata principios da época moderna.

As Tavole comprenden unha parte en latín medieval (do século X) e unha en lingua vulgar (probabelmente do século XIII); nel son descritos os dereitos e os deberes da tripulación dunha embarcación, afróntase o problema da asistencia dos mariños accidentados ou enfermos e o de como actuar en situacións de emerxencia, como os asaltos de piratas; afróntanse ademais as cuestións relativas aos fretes e establécense os dereitos e os deberes dos armadores. O éxito e a difusión das Tavole Amalfitane son debidos ao seu equilibrio e á súa capacidade de previr o contrabando e facer difíciles as interpretacións capciosas[2].

O testo das Tavole chegou ata nós por medio de copias manuscritas. No 1929 o goberno italiano comproulle a Austria unha destas copias (que fora da propiedade do dogo veneciano Marco Foscarini), para despois entregarlla a Amalfi; o documento é hoxe conservado no museo cívico no concello da cidade.

A moeda: o Tarí de Amalfi[editar | editar a fonte]

O Tarí de Amalfi, difundido en todo o Mediterráneo nos intercambios comerciais, foi durante séculos a unidade monetaria oficial de Amalfi. A moeda tiña orixe da moeda árabe do mesmo nome. Na zona da cidade, preto da praia, estaba unha praza onde operaban os cambistas e os firmatarios das bancas florentinas e de Siena.

En Amalfi circulaban outras divisas: entre elas o soldo bizantino, o máis común, que tiña un valor de 4 tarís.

A ceca de Amalfi cesou a súa actividade no 1220 cando Federico II a pechou.

As rutas comerciais[editar | editar a fonte]

En menos de dous séculos o Ducado de Amalfi converteuse na maior potencia comercial e militar do alto Tirreno, e Amalfi

A máis próspera, nobre e ilustre cidade da Longobardia

como dixo o viaxeiro árabe Ibn Hawqal no 977, importantísimo centro cosmopolita onde segundo Guillerme de Puglia (fin do século XI)

[…]habitaban os mellores navegantes da época e no que se xuntaban mercadores provenientes de todas as partes do mundo daquela coñecido.

Na base das súas fortunas a madeira na que eran riquísimas as montañas costeiras.

Materia prima para a construción dos mercantes, a madeira a un tempo constituía unha preciosísima mercancía de cambio cos países árabes e africanos. As naves amalfitanas cargadas de madeira partían de novo da África Setentrional onde cambiaban a súa mercadoría polo ouro proveniente das minas situadas no corazón de África. Despois nas costas sirio-palestinas e de Asia Menor cambiaban o ouro por pedras preciosas, marfil, manufacturas de ourivería, especias, sedas e teas preciosas que logo levaban á súa patria e a Roma, Rávena, Pavía e as meirandes cidades italianas.

Amalfi funda colonias e centros de representación en Alexandría de Exipto, en Tunisia, en Chipre, en Bizancio, mesmo na India. No monte Athos en Grecia funda un mosteiro, en Xerusalén un grandioso hospital con capacidade de máis de 1000 camas, dirixido polos monxes Hospitalarios de San Xoán, hoxe coñecido como Orde dos Cabaleiros de Malta[3].

As producións típicas[editar | editar a fonte]

O principal recurso do Ducado era a madeira. Produtos relevantes eran, como hoxe, o papel de Amalfi e o Limón Costa d'Amalfi.

Expansión de Amalfi no momento do seu apoxeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Treccani- Dizionario Biografico degli Italiani, vol. 72 (2008). Voce "Mastalo". V. a páxina http://www.treccani.it/enciclopedia/mastalo_(Dizionario-Biografico)/
  2. Introdución a unha recente edición das Tavole Amalfitane
  3. (A cura de) Antonella Grignola - Le repubbliche marinare - Amalfi, Genova, Pisa, Venezia , Colognola ai Colli (VR), Giunti Editore, 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ferdinand Chalandon, Histoire de la domination normande en Italie et en Sicile, París 1907. Ed. it: Storia della dominazione normanda in Italia ed in Sicilia, trad. de Alberto Tamburrini, Cassino 2008. ISBN 978-88-86810-38-8
  • Jules Gay, L'Italie méridionale et l'empire Byzantin: Livre II. Burt Franklin: New York, 1904.
  • Patricia Skinner, Family Power in Southern Italy: The Duchy of Gaeta and its Neighbours, 850-1139. Cambridge University Press: 1995.
  • Thierry Stasser, Où sont les femmes?, in "Prosopon: The Journal of Prosopography", 2006.
  • Mario Del Treppo e Alfonso Leone, Amalfi medioevale, Giannini, Nápoles 1977.
  • Vera von Falkenhausen, Il Ducato di Amalfi, in AA.VV., Il Mezzogiorno dai Bizantini a Federico II, vol. III della Storia d’Italia diretta da Giuseppe Galasso, UTET, Torino 1983, pp. 339-346.
  • Gerardo Sangermano, Il Ducato di Amalfi, in AA.VV., Storia del Mezzogiorno, vol. II, tomo I, Il Medioevo, Edizioni del Sole, Nápoles 1988, pp. 279-321.
  • G. Benvenuti - Le Repubbliche Marinare. Amalfi, Pisa, Genova, Venezia - Newton & Compton editori, Roma 1989, pag. 255

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]