Río Po
| ' | |
|
|
|
| País | Italia |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 652 Km |
| Caudal medio | 1.540 m³/s |
| Conca | |
| Desembocadura | Mar Adriático |
O río Po, antigamente coñecido como río Padus, transcorre ao longo de 652 quilómetros de oeste a leste, a través do norte de Italia. Na súa extensión desde os Alpes ao Mar Adriático, preto de Venecia, a súa conca hidrográfica ocupa unha área de 71.000 quilómetros cadrados.
Características [editar]
É o río máis longo de Italia e atravesa varias cidades importantes, incluíndo Turín e indirectamente Milán. Nesta última cidade ingresa nunha serie de canais denominados navigli, feito que lle dá un aspecto moi característico á zona.
En chegando ao final do seu curso, o río forma un delta con centos de illas, sendo as máis importantes Po di Maestra, Po della Pila, Po delle Tolle, Po di Gnocca e Po di Goro. Na parte sur do delta está situada Comacchio, unha zona coñecida pola existencia de anguías.
O largo val que existe ao redor do Po denomínase chaira Padana (Pianura Padana), estando tan ben conectado polo río que sobre o mesmo se desenvolveu a principal área industrial do país.
Principais afluentes do Po [editar]
- Río Varaita (desde a marxe dereita)
- Río Maira (marxe dereita)
- Río Pellice (marxe esquerda)
- Río Dora Riparia (marxe esquerda)
- Río Stura di Lanzo
- Río Orco
- Río Dora Baltea
- Río Sesia
- Río Tanaro (marxe dereita)
- Río Scrivia (marxe dereita)
- Río Agogna (marxe esquerda)
- Río Ticino (marxe esquerda)
- Río Lambro (marxe esquerda)
- Río Trebbia (marxe dereita)
- Adda (marxe esquerda)
- Río Nure (marxe dereita)
- Río Arda (marxe esquerda)
- Río Taro (margxe esquerda)
- Río Parma (marxe esquerda)
- Río Enza (marxe esquerda)
- Río Oglio (marxe esquerda)
- Río Mincio (marxe esquerda)
- Río Secchia (marxe dereita)
- Río Panaro (marxe dereita)