Río Ródano
| Ródano | |
|
O río por Beaucaire. |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Glaciar do Ródano (Alpes suízos) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 812 |
| Caudal medio | 1.820 |
| Conca | 95.500 |
| Desembocadura | Mar Mediterráneo |
O Ródano é o máis salientable dos cinco ríos franceses e un importante río europeo. Percorre 812 quilómetros entre Suíza e o mar Mediterráneo, dos que 231 km son suízos e 581 franceses.
Índice |
Características [editar]
O Ródano nace en Suíza, na Furka, no macizo de San Gotardo, a 1.753 m de altitude, atravesa o lago Léman, despois discorre por Frnacia e desemboca nun delta no Mediterráneo. Discorre primeiramente nunha dirección leste-oeste (a súa parte máis alta corresponde ao cantón de Vallais; en Martigny o seu leito estréitase moito e remonta cara ao norte antes de embocar no Léman; sae polo cantón de Xenebra, onde recibe o Arve, despois penetra en Francia; o trazado do seu curso é sinuoso até os arredores de Lyon onde recibe o Saona; a partir desta cidade, discorre cara ao sur para se verter por un delta (Camargue) no mar Mediterráneo.
Afluentes [editar]
Principais afluentes:
- Río Arve
- Río Ain
- Río Saona
- Río Isère
- Río Drôme
- Río Ardèche
- Río Durance
- Río Aigues
- Río Ouvèze
- Río Gard
Principais cidades atravesadas polo Ródano [editar]
Principais vilas atravesadas polo Ródano [editar]
- Sion
- Montreux (na beira do lago Léman)
- Lausana (na beira do lago Léman)
- Évian-les-Bains (na beira do lago Léman)
- Thonon-les-Bains (na beira do lago Léman)
- Lyon
- Vienne
- Tournon
- Valence
- Montélimar
- Orange
- Aviñón
- Arlés
Deu nome aos departamentos do Ródano e de Bocas de Ródano, e tamén ó antigo departamento revolucionario de Ródano e Loira.