Mar de Sulu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

8°25′6″N 120°19′10″E / 8.41833°N 120.31944°E / 8.41833; 120.31944

O Mar de Sulu, entre a Malaisia e as Filipinas

O Mar de Sulu é unha parte do Océano Pacífico limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.