Golfo de Bengala
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O golfo de Bengala é un mar na área nordeste do océano Índico. A súa forma aseméllase a un triángulo. Limita ao leste coa península de Malaca, ao oeste co subcontinente indio. O extremo norte do golfo limita co estado indio de Bengala Occidental e con Bangladesh. Os extremos do sur están limitados pola illa de Sri Lanka e o territorio indio Illas Andamán e Nicobar. Estas últimas illas separan o golfo de Bengala do mar de Andamán.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |