Mar de Okhotsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O mar de Ojotsk.

O Mar de Okhotsk (do ruso Ojótskoe more, Охотское море) é a parte máis occidental do Océano Pacífico, que se atopa rodeado pola Península de Kamchatka e as disputadas Illas Kuriles polo leste; a illas xaponesa de Hokkaido polo sur; e a illa de Sakhalin, a provincia de Amur en Siberia e Siberia oriental dende as illas Sahantar até Ojotsk polo oeste.

Cobre unha superficie de 1.583.000 km², cunha profundidade media de 821 metros e máxima de 3.521 [1]. A maior parte do mar, excepto a área que rodea as illas Kuriles, está conxelado durante todo o inverno. A única illa que non se atopa preto das costas é a diminuta Illa de San Xonás. En verán, os iceberg derrétense e o mar volve ser navegable.

En xaponés o nome do mar chámase Ohotsukukai (オホーツク海) polo préstamo do nome ruso.

Notas[editar | editar a fonte]