Mar de Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Davis
Davis Sea
Localización administrativa
Estado Tratado Antártico (excepto mar aberto)
Parcialmente reinvindicado por Australia
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Antártico/ océano Atlántico
ContinenteAntártida
Illa/sIlla Drygalski
Xeografía
Mares contiguosMar da Cooperación/ mar de Mawson
Accidentes
Características
Mapa

Localización do mar de Davis nas reinvidicacións antárticas

O mar de Davis (66°00′S 092°00′L / -66.000, -92.000) é unha área do océano Antártico ao longo da costa da Antártida entre a Barreira de Xeo West e a Barreira de Xeo Shackleton, no sector reclamado por Australia (Territorio Antártico Australiano). Descuberta pola Expedición Antártica Australiana (1911-1914) desde o barco Aurora, foi bautizada en homenaxe a Douglas Mawson polo Capitán J.K. Davis, ao mando do Aurora e segundo ao mando da expedición.

O Mar de Davis baña a Costa do Rei Leopoldo e da Raíña Astrid, as costas da Terra de Guillerme II e da Terra da Raíña María. Neste mar atópase a Illa Drygalski e nas súas costas está a base rusa Mirny.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]