Golfo de Fonseca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Golfo de Fonseca.

O Golfo de Fonseca, é un entrante protexido do Océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao noreste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.

Un dos mellores portos naturais do mundo[1], cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.

Historia[editar | editar a fonte]

O conquistador español Gil González Dávila encontrouno mentres procuraba unha rota marítima que comunicara o Atlántico co Pacífico. Un tratado asinado no 1916 concedeulle aos EUA a opción de construír unha canle interoceánico e unha base naval na zona do golfo.

En 1849, Ephraim Squier negociou un tratado con Estados Unidos para construír un canal a través de Honduras, para que atravesar dende o Mar Caribe ao golfo. Frederick Chatfield, británico comandante en América Central, atemorizado por que a presenza norteamericana en Honduras desestabilizase aos británicos, envía a súa flota para ocupar a Illa do Tigre, na entrado do golfo.

Os tres países -Honduras, O Salvador e Nicaragua- coa liña de costa ao longo do golfo rematan nun conflito sobre os dereito do golfo e das illas localizadas dentro del. En 1992, unha resolución do Tribunal Internacional de Xustiza (ICJ) decidía sobre a terra, as illas e o conflito marítimo nas fronteiras; facía unha partición. O ICJ determina que O Salvador, Honduras e Nicaragua compartan o control do Golfo de Fonseca, posuíndo O Salvador as illas de Meanguera e de Meanguerita, e Honduras, a illa do Tigre.

Illas[editar | editar a fonte]

Entre as illas máis importantes destacan: Meanguera do Golfo e Zacatillo (O Salvador); Zacate Grande e O Tigre (Honduras), e os Illotes de Consiguina (pertencentes a Nicaragua).

O Tigre, a pesar do seu pequeno tamaño, ten un quilómetro aproximado de diámetro, consta dunha elevación central que supera aos 780 msnm.

Ríos[editar | editar a fonte]

Ao Golfo de Fonseca desembocan varios ríos, entre os máis importantes están o río Amatillo, na bocana coñecida como Bocana El Pecho, que entra na Baía La Unión, a máis occidental das baías nas que se divide o golfo; o río Goascorán, que serve de límite entre O Salvador e Honduras tamén desemboca na Baía A Unión; o río Nacaome desemboca na Baía de Chismuyo; o río Choluteca, que pasa próximo á cidade do mesmo nome; e, o río Sumpile, tamén. A terceira baía, dende occidente, é a de San Lourenzo, ao fondo da cal atópase o porto El Henecan, pertencente a Honduras.

Zona húmida de importancia internacional[editar | editar a fonte]

Golfo de Fonseca, foto da NASA.

O 10 de xullo de 1999, un complexo de sete áreas costeiras con aproximadamente 69,700 ha de superficie, entra a formar parte do Convenio de Ramsar, elixido pola UNESCO, ao longo da porción hondureña do chamado Corredor Biolóxico Mesoamericano do Pacífico.

Estas sete áreas son: Baía de Chismuyo, Baía de San Lorenzo, Los Delgaditos, Las Iguanas e Punta Condega; Jicarito, San Bernardo e La Berbería.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa economía baséase na pesca, no traballo portuario e no turismo local e rexional.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]